Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/06/22 | 08:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa “Iacobus patentes” conxuntas de investigadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre a súa segunda convocatoria

O prazo para inscribirse estará aberto ata o próximo 28 de xullo e poderán participar investigadores vinculados ás Universidades e Institucións de Ensino Superior de Galicia e do Norte de Portugal participantes no programa

23/06/22 | 20:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un torneo de baloncesto feminino que congrega en Lugo a xogadoras das seleccións de tres países

 Deportistas da categorías sub-20 e sub-23 de España, Holanda e Hungría disputarán esta fin de semana no Pazo dos Deportes partidos preparatorios de cara aos campionatos europeos
 
O delegado territorial, Javier Arias, destaca que os encontros serán de acceso libre e gratuíto ata completar aforo
 
A iniciativa Basket Feminino no Camiño Primitivo está organizada pola asociación Drocer
23/06/22 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apoia a creación dun mecanismo de consulta ás entidades transfronteirizas locais e rexionais antes de considerar un posible peche de fronteiras no espazo Schegen

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que se celebra hoxe e mañá en Atenas

23/06/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Goberno central na implantación do novo modelo de organización xudicial

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni Albert, participou hoxe na Conferencia Sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as Comunidades Autónomas

23/06/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia á asociación de veciños de Alvite de Beariz no acondicionamento do exterior do seu novo local e na dotación de equipamento informático e audiovisual

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu hoxe á inauguración do centro social en cuxa posta en marcha colaborou o Goberno galego

23/06/22 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A actividade da Fundación Semana Verde medrou un 50% na primeira metade do ano con respecto a 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe no Recinto Feira Internacional de Galicia Abanca a xuntanza do Padroado, na que se fixo balance e se avanzaron as previsións para os vindeiros meses

22/06/22 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Fernández, surfista galego do núcleo deportivo especializado de surf da Xunta en Nigrán, participará no campionato de Europa de surf

O Campionato de Europa Júnior volve a celebrarse tras 4 anos de ausencia na vila de Torres Vedras (Portugal) entre os días 15 e 24 de xullo

22/06/22 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a conciliación a través de actividades deportivas para máis de 8.000 menores de ata 16 anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentaron o programa de animación sociodeportiva enmarcado no Plan Corresponsables