Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/12/22 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará 8,8 M€ en investimentos nos vindeiros meses no concello de Caldas de Reis

O delegado territorial presidiu este mediodía a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada na Oficina Agraria Comarcal ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro, Lalín, Marín, Pontecesures, Rodeiro, O Porriño e Portas

13/12/22 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa un aparcadoiro disuasorio gratuíto con 82 prazas no núcleo de Ameal, no Concello de Marín, cun investimento de 610.000 €

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, coa alcaldesa, María Ramallo, informou da apertura, hoxe, da fase de información pública deste proxecto, que se desenvolverá nas inmediacións da Variante de Marín e da vía provincial EP-1202

13/12/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 19 equipos de alta competición femininos no terceiro Plan de patrocinio contra a violencia de xénero

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron hoxe ante representantes dos clubs galegos beneficiarios na presentación do programa, que contará cunha achega de 217.800€

13/12/22 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a ampliación do centro de saúde de Ordes, cubrindo a cuberta aterrazada, para habilitar 5 consultas da área de saúde mental cun investimento de máis de 436.000 €

O delegado da Xunta, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza e o alcalde de Ordes visitaron a centro de saúde para anunciar esta nova actuación que permitirá mellorar os espazos dispoñibles para dar un óptimo servizo aos pacIentes

12/12/22 | 20:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta pola sustentabilidade do agro na comarca da Limia

As catro comunidades de regantes constituíronse nunha soa para asinar o convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e SEIASA de construción e explotación de 40 novos pozos para a mellora do regadío

12/12/22 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias lembra que a Xunta investiu 3,4 M€ nos túneles da estación, o que supón case o 16% do seu custe

A delegada da Xunta en Vigo destaca o esforzo inversor do Goberno galego tanto nos pasos subterráneos como na Estación de Autobuses Intermodal que abrirá o vindeiro sábado

12/12/22 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Rosal conta cun pavillón máis accesible grazas ao convenio entre Xunta e Concello por máis de 200.000 euros

Lete Lasa destaca a aposta polo deporte adaptado e polo balonmán que supón esta intervención no pavillón no que xoga os seus partidos o Valinox Novás que loita polo ascenso á Asobal