Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/07/22 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 38.000 euros na mellora do edificio da asociación de veciños de Dornelas, en Mos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a alcaldesa Nidia Arévalo asinaron hoxe o acordo para executar o proxecto de pavimentación, climatización e impermeabilización

01/07/22 | 18:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa eloxia o nivel do fútbol sala galego e dos seus equipos femininos na presentación do congreso internacional “O camiño do futsal”

O Congreso Internacional de Futsal celébrase en Santiago de Compostela, o 1 e 2 de xullo, coa presenza de profesionais deportivos de primeiro nivel

01/07/22 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta volve reclamar ao Goberno central un concurso de méritos que cubra as vacantes na Policía Autonómica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega de dúas furgonetas ao Equipo de Resposta Policial coas que reforzar o parque móbil da unidade e mellorar a eficiencia nos seus operativos
 
O ERPOL encargase de tarefas como a loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal que no que vai de ano contou con case 900 dispositivos con máis de 1.200 inspeccións que deron como resultados 515 denuncias e 38 detencións
01/07/22 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora enerxética da Casa do Concello e das instalacións de uso recreativo e deportivo de Lobeira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas do Goberno galego

01/07/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os 117 alumnos da 14ª promoción de Policía Local que se forma na AGASP inician as prácticas nos seus respectivos concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva visitou hoxe o alumnado con motivo da súa despedida das clases teóricas ata outubro

30/06/22 | 19:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa presume del nivel del motociclismo gallego en el Campeonato de España de Supermoto en el que tomarán la salida 80 pilotos

Valora la importancia de que "días después del éxito conseguido por los pilotos gallegos de motocross Jorge Prado y Rubén Fernández en Indonesia, unos 30 niños y niñas que sueñan con llegar tan alto como sus ídolos se suban a una moto en Forcarei para ser campeones de España”

30/06/22 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia asina en Bruxelas a alianza de rexións do sector da automoción a prol dunha transición xusta e equitativa das áreas que dependen desta industria

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta semana na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR)

30/06/22 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca “a enteireza mental dos nosos deportistas” que permitiu que o deporte galego non se detivese durante a pandemia

Lembra os grandes resultados acadados polos deportistas galegos olímpicos e paralímpicos en Tokio

30/06/22 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia asume a coordinación autonómica ante o Consello da UE en materia de saúde para solicitar unha Europa da saúde máis forte e coordinada

Galicia coordinará a partir do 1 de xullo, e durante un semestre, os intereses das comunidades autónomas españolas ante o Consello da UE en materia de saúde.