Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento da o visto bo a execución do IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu este organismo na que se presentou o Informe de avaliación plan e se avanzou o proceso de elaboración do IV Plan Director da Cooperación Galega para o período 2023-2026
O festival ‘Nachiños Fest’ incorpórase á programación de concertos do Xacobeo 21-22 en Ferrolterra
“É un festival que introduce unha nova oferta musical na temporada de verán en Ferrolterra, a música indie, e que tan ben ten combinado con elementos tan identificadores da nosa comarca como son o surf e a natureza”, indica
A Xunta clausura o obradoiro de emprego compartido por Vilalba e Abadín coa entrega dos diplomas aos 20 participantes
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que se destinaron 369.500 euros ao proxecto, incluíndo os incentivos para a contratación de 15 alumnos durante un mínimo de tres meses en empresas locais
Trenor clausura o obradoiro de Arteixo e anima ao seu alumnado a aproveitar estes nove meses de formación para atopar un emprego
O delegado da Xunta clausurou este programa de emprego que se centrou en Limpeza en Espazos Abertos e Instalacións Industriais
A Xunta renova a colaboración coas federacións de asociacións de veciños para apoiar as súas actuacións en favor da mellora da vida local
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asinou hoxe o convenio coa Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) e cinco das súas federacións cunha achega de case 65.000 euros
A Policía Autonómica comisa 21 quilos de percebe nun dispositivo en Ribeira
Foron identificadas dúas persoas contra as que se levantaron dúas actas de infracción e a mercadoría intervida destinouse a un centro benéfico da localidade
A Xunta organiza un dispositivo extraordinario de Protección Civil ante a vaga de lumes para garantir a atención e o apoio necesario ás persoas afectadas
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, reuniuse hoxe con alcaldes de concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se rexistraron os lumes para informarlles deste operativo posto en marcha por primeira vez ante a situación actual dos incendios na comunidade
Lete Lasa felicita a Adi Iglesias, Susana Rodríguez Gacio e Carlos Arévalo na entrega dos Premios Nacionais 2019 e 2020
O secretario xeral para o Deporte asistiu ao Palacio Real de El Pardo á entrega dos premios na que participaron os tres deportistas galegos
Trenor presenta o cartel do ‘Neox Music Day’ que traerá á Coruña os artistas de maior renome da música urbana
O representante do Goberno galego lembrou que a Xunta de Galicia vai estar presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán na cidade