Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

28/07/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións de uso deportivo e recreativo de Laxe

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de case 28.000 euros
 

28/07/22 | 15:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta o traballo do centro de recursos zooxenéticos de Galicia na conservación e fomento de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción

O delegado territorial subliñou que Fontefiz é o centro de referencia de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), ovino (Ovella Galega), cabrún (Cabra Galega), aviar (Galiña de Mos), equino (Cabalo de Pura Raza Galega), porcino (Porco Celta) e canino (Can de Palleiro)
 

28/07/22 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o To-Miño Fest que terá lugar este sábado no marco dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, indicou que e o To-Miño Fest que arranca a súa primeira edición, é unha proba máis do éxito que están a ter os Concertos do Xacobeo por toda Galicia
 

28/07/22 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a importancia da análise económica como vía para construír un mellor futuro

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia

28/07/22 | 11:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a calidade do balonmán galego con equipos nas máximas categorías a nivel nacional

O vicepresidente segundo da Xunta recibiu esta mañá o Club Cisne Balonmán que a próxima tempada competirá na Liga Asobal, o que supón o seu segundo ascenso nos dous últimos anos

27/07/22 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A comarca da Ulloa estrea céspede e vestiarios no campo de Monterroso e unha pista de pádel en Antas do Ulla grazas aos convenios de colaboración da Xunta


Ambas as dúas obras contaron cun orzamento total de máis de 75.000 euros: a Secretaría Xeral para o Deporte achegou o 70% en Monterroso e o 80% en Antas de Ulla
 

27/07/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor sinala na clausura dos obradoiros de Ordes, Frades e Mesía que os alumnos están formados en áreas con alta demanda de traballo

O delegado da Xunta da Xunta clausurou hoxe o obradoiro específico para menores de 30 anos da Mancomunidade de Ordes e o dual que comparten Ordes, Frades e Mesía
 

27/07/22 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta o concerto de Muse o 8 de setembro en Balaídos no marco do Xacobeo 21-22

A delegada territorial da Xunta ofreceu todos os detalles sobre a actuación nunha rolda de prensa no estadio vigués
 

27/07/22 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima os galegos a descubrir a mellor maxia do mundo entre o 1 de agosto e o 15 de outubro nos principais teatros de Galicia

O delegado territorial da Xunta na Coruña presentou cos organizadores do festival “Galicia Ilusiona” o programa de actos incluído dentro da programación do Xacobeo

27/07/22 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1 M€ ao reforzo do equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

O Goberno galego acaba de publicar a convocatoria destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil