Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/08/22 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ofrece case unha trintena de cursos destinados aos servizos de emerxencias no marco do plan de formación continua da AGASAP

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os cursos de formación continua dirixidos a persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e servizos municipais de protección civil e emerxencias

08/08/22 | 18:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os dez padexeiros galegos desprazados a Canadá acadan o mellor resultado da historia nun Mundial de Piragüismo Sprint

A práctica totalidade dos padexeiros galegos que acadaron resultados adestran en Verducido

08/08/22 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o edificio dos xulgados de Vilalba, que suma un investimento de case 160.000 euros desde 2013

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde veñen de reformarse aseos cun orzamento de case 16.500 euros

08/08/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova web da Fundación Galicia Europa explica a participación de Galicia nos asuntos comunitarios

A oficina de Galicia en Bruxelas presenta un novo portal máis intuitivo e visual que tamén aborda as políticas europeas desde un punto de vista galego

08/08/22 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 200.000 euros na mellora enerxética dos xulgados de Noia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde anunciou o inminente comezo das obras e da dixitalización dos arquivos a través do Plan de expurgo

07/08/22 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta a capacidade do deporte no medio natural como un recurso do turismo activo, sustentable e de calidade

O delegado territorial agradeceu ao comité organizador da proba a súa confianza por desenvolver este campionato de prestixio internacional nas instalacións de Castrelo de Miño e subliñou que a Xunta e a Deputación Provincial de Ourense non repararon esforzos na súa organización
 

05/08/22 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias lamenta que as obras do Halo retrasen aínda máis a apertura da estación de autobuses intermodal de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que na comisión de seguimento se constatou que estas actuacións sobre os viais recentemente asfaltados interfiren nos accesos á terminal, o que fai inviable a súa apertura como mínimo ata novembro