Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/08/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia o reparto de preto de 741.000 € en axudas a 56 entidades da área de Vigo beneficiarias do Plan Específico de acción comunitaria

A delegada territorial da Xunta visitou a Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios de Beade que prevé, no marco desta orde, a instalación no centro dunha plataforma elevadora e a renovación de equipamento nas aulas do edificio
 

12/08/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias confirma 5 M€ para impulsar 11 obradoiros duais de emprego na área de Vigo

A delegada territorial de Xunta clausurou hoxe o obradoiro xuvenil Formaweb IV que ofreceu a 16 menores de 30 anos formación especializada no desenvolvemento de aplicacións web e sistemas de xestión de información durante os últimos 12 meses
 

11/08/22 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o compromiso da Xunta co fomento do deporte do motor mediante a colaboración en eventos como o rally de Ferrol

O vicepresidente segundo da Xunta participou esta mañá na presentación da 53ª edición da competición organizada pola Escudaría Automobilística Ferrol que se celebrará o venres e o sábado da próxima semana

11/08/22 | 10:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo para cubrir 78 prazas para os corpos de Policía Local en 15 concellos galegos

O prazo para inscribirse será de 20 días hábiles desde o día despois de publicarse o anuncio se publique no Boletín Oficial do Estado (BOE)

10/08/22 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e incluír á cadea mar-industria no Perte Agroalimentario

O Goberno autonómico trasladou por carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación esta demanda e a preocupación da industria galega de transformación de produtos do mar
 

09/08/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega a Palas de Rei o concerto de ‘Danza Invisible’ e ‘La Guardia’, da man do Xacobeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento musical, con entrada gratuíta e que terá lugar pasado mañá ás 22.00 horas

09/08/22 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o labor de 16 entidades socioasanitarias coa entrega de 12 locais do Espazo Amizar

O vicepresidente segundo formalizou hoxe a cesión das dependencias da antiga sede de Sanidade na Coruña reservadas ao tecido asociativo
 

09/08/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 250.000 euros na mellora enerxética da nova Casa do Concello de Silleda

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Silleda asinaron hoxe o acordo para a instalación e adaptación do novo edificio consistorial á rede de calor existente no municipio
 

09/08/22 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ourense


O episodio comezará previsiblemente ao mediodía con máximas de ata 39 graos