Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/09/22 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 873.300 euros as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación territorial en Ferrol

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron hoxe o proxecto que permitirá reducir a emisión de dióxido de carbono a través de melloras na climatización, na iluminación e coa instalación de paneis solares

01/09/22 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta mellora a eficiencia enerxética dos edificios administrativos cun investimento superior aos 135M€

Subliñou que o Goberno galego leva anos facendo “un esforzo importante” e poñendo en marcha diferentes actuacións neste eido

01/09/22 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o CB Breogán promoverán a práctica do baloncesto ao aire libre en cinco concellos lugueses durante un mes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, patrocinada polo programa O Teu Xacobeo
 

31/08/22 | 21:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O surf galego continúa a crecer a pasos axigantados coa medalla de ouro de Guillermo Carracedo na categoría SUP Surf do Euro SUP 2022 de Dinamarca

Esperanza Barreras quedou a un paso da gran final na modalidade de Sprint na categoría sénior feminina

31/08/22 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca as axudas da Xunta para corrixir os impactos paisaxísticos, que beneficiaron a 15 concellos e 195 particulares

Na provincia de Ourense, 15 concellos resultaron beneficiarios por un importe de preto 300.000 euros e as axudas a particulares foron 195 por un importe de algo máis de 500.000 euros

31/08/22 | 10:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp ofrece preto de 30 accións formativas para persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias dos cursos de formación continua e básicos, así como de náutica para a licenza de navegación, que suman máis de 600 prazas

30/08/22 | 17:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a aposta do Trofeo Príncipe de Asturias polo deporte feminino

A delegada territorial de Xunta en Vigo participou hoxe no Monte Real Club de Yates de Baiona na presentación tanto da prestixiosa competición como da nova edición dos Premios Nacionais de Vela

30/08/22 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra que Abel Caballero acate a sentenza sobre a ETEA e agarda agora que ceda os terreos á Xunta tras paralizar o seu desenvolvemento durante anos

A delegada territorial da Xunta en Vigo considera “moi boa nova” que o alcalde por fin cumpra coas obrigas para poder avanzar no desenvolvemento dun proxecto “fundamental” para o barrio vigués