Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

06/09/22 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Comité Europeo das Rexións destaca os servizos postos en marcha pola Xunta para facer fronte ao Brexit

O texto presentouse na sétima reunión do Grupo de Contacto entre o Comité Europeo das Rexións e Reino Unido en Bruxelas onde participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo

06/09/22 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A residencia de maiores das Gándaras inicia a emisión das entrevistas ‘Pulsamos Lugo’, promovidas pola Xunta

O obxectivo é ofrecer unha nova actividade que axude aos residentes a manterse activos e a levar unha vida participativa

06/09/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a dotación de equipamento de tres clubs deportivos de Boiro e Ribeira para apoiar as súas actividades

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou unha das beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste nesta comarca máis de 20.000 euros

06/09/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a saída á venda de novas entradas para o concerto de Muse e destaca a montaxe en Balaídos do escenario máis grande que se instalará en Galicia

A delegada territorial da Xunta visitou este martes o estadio vigués para coñecer os detalles do espectáculo do vindeiro xoves

06/09/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trae o próximo día 17 ao Teatro Jofre a Gala Internacional de Maxia de Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá o evento que forma parte do festival “Galicia Ilusiona”

05/09/22 | 20:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia financia unha nova campaña no xacemento de Penas do Castelo, na Pobra do Brollón

Os traballos dan continuidade aos impulsados o pasado ano polo Goberno galego que sacaron á luz unha muralla de seis metros de ancho e permitiron datar a ocupación e habitación na Idade de Ferro

05/09/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en 560.000 euros a bonificación da Xunta para os veciños de Cangas e Moaña cos descontos do 50% que aplica desde o 1 de setembro no transporte interurbano e de ría

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe a estación marítima e de autobús de Cangas que dá servizo a uns 800.000 usuarios ao ano

05/09/22 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece dous incendios intencionados no Concello da Pobra do Caramiñal

Foron lumes provocados preto dunha área recreativa e que afectaron 3.600 metros cadrados de superficie arborada

05/09/22 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións deportivas do concello de Portas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo na pista deportiva do Mondoiro ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de 33.764 euros