Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/09/22 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza o núcleo de adestramento especializado do Club Kayak Tudense, que un ano máis organiza o Descenso Internacional do Miño

O club de piragüismo recibiu da Secretaría Xeral para o Deporte máis de 500.000 euros desde 2009 e agora vén de ser recoñecido co Núcleo de Adestramento Especializado pola Xunta

15/09/22 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta para o futuro da Feira do Moble e o crecemento do sector

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, destacou a “importancia socioeconómica e incluso identitaria” do moble na nosa comunidade, xa que representa o 6% da actividade económica cunha produción de 3,6 millóns de pezas anuais

15/09/22 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece en colaboración con axentes ambientais un incendio forestal no Concello coruñés do Pino

O lume produciuse por varias cabichas que, debido ás condicións climatolóxicas, provocaron que as lapas se propagasen á masa forestal

15/09/22 | 16:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa asegura que o Campionato de España de Xadrez de Sanxenxo dará “xaque mate á pandemia” e desexa o ascenso aos dous equipos galegos

Do 16 ao 23 de setembro, 90 xadrecistas de oito equipos de toda España, entre eles os clubs galegos de Ourense e Sanxenxo, xogaranse no Gran Talaso Hotel dúas prazas o ascenso á División de Honra e dúas de descenso a Segunda División

15/09/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta recibiu 685 solicitudes para optar ás axudas para a reparación dos danos causados polos incendios de xullo por un importe de máis de 4,7 M€

Recalca a axilidade do Goberno galego á hora de tramitar unhas axudas necesarias para os afectados, fronte ás convocadas polo Goberno central

15/09/22 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 50.000 euros en axudas a seis clubs e federacións de Ferrolterra para a adqusición de equipamentos

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Club Cabanas KDM de piragüismo, un dos beneficiarios destas achegas

15/09/22 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza os equipos psicosociais das subdireccións do Instituto de Medicina Legal de Galicia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento galego que a Xunta está a implantar distintas medidas organizativas co obxectivo de atender as peticións de informes psicosociais por parte dos órganos xudiciais

15/09/22 | 10:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a formación das forzas e corpos de seguridade en materia de violencia de xénero

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguraron o “I Congreso nacional de violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade” que se celebra hoxe e mañá na AGASP e ao que asisten un total de 150 axentes