Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

16/09/22 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia súmase á Alianza Europea de Rexións e Cidades pola reconstrución de Ucraína

Coa adhesión á plataforma, a comunidade súmase aos esforzos de coordinación para a reconstrución de decenas de cidades e vilas que foron parcial ou totalmente destruídos pola guerra

16/09/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca a diversidade musical dos Concertos do Xacobeo

O delegado territorial subliñou a importancia do festival que, enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, “encarnan que a cultura e as festividades que percorren todo o territorio neste Ano Santo, cunha oferta sen parangón para todos os públicos”

16/09/22 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia aposta polo Rallye Rías Baixas e apoia o seu obxectivo inmediato de regresar ao Supercampionato de España

A delegada territorial da Xunta e o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, presentaron este venres a nova edición da proba automobilística, con saída desde Vigo o vindeiro 29 de setembro e dous reagrupamentos no Porriño

16/09/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora das instalacións deportivas e da eficiencia enerxética no concello de Touro

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental, que suman unha achega de case 61.000 euros
 

16/09/22 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego calvo reivindica o sector forestal galego como “fonte de creación de riqueza e emprego”

O vicepresidente segundo participou en Ortigueira na inauguración da xornada ‘Produtos derivados da celulosa’ organizada pola Asociación de Silvicultores Costa Norte
 

16/09/22 | 10:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o Curso superior de intervención policial en violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade

Organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), desenvolverase en liña a partir do 1 de outubro cunha duración de 100 horas, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia

15/09/22 | 21:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta salienta o labor dos economistas na planificación e deseño de estratexias fronte ao contexto socioeconómico actual

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na celebración do patrón deste colectivo profesional nun acto organizado polo Colexio de Economistas da Coruña

15/09/22 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias remarca a importancia estratéxica das competicións náuticas como polo de atracción turística

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do Campionato de España de J80-Trofeo Gestilar que se disputa este fin de semana en Baiona
 

15/09/22 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a mediación intraxudicial como resolución alternativa de conflitos xudiciais coa que reducir a carga de traballo dos órganos xudiciais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no “VII Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito” o compromiso do Goberno galego con este sistema cun investimento de máis de 2M€ nos últimos anos