Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/09/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no acondicionamento da fachada marítima da cidade ferrolá

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentaron as actuacións para abrir a cidade ferrolá ao mar comunicando o centro urbano co porto nun acto no que se asinou o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Autoridade Portuaria para levar a cabo os traballos de acondicionamento

23/09/22 | 12:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa presenta a webinar do Cluster do Deporte sobre os fondos Next Generation, que define como “imprescindibles” na recuperación do deporte

O secretario xeral para o Deporte apunta que, tan importante era a prevención e a precaución no momento máis virulento do coronavirus como o é agora o financiamento e o apoio para a recuperación total do deporte

22/09/22 | 20:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/09/22 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López convida a todos os galegos a “aproveitar os 100 derradeiros días do Xacobeo” dende o Río Verbena Fest de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisou a montaxe deste festival, que se celebrará este sábado 24 no parque de Tafisa con sete actuacións e máis de nove horas do música no marco dos Concertos do Xacobeo

22/09/22 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora do local social da asociación veciñal Campa do Coxo de Guntín

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o edificio ao que se destinaron 27.630 euros para obras e equipamento no período 2021-2022
 

22/09/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na comisión Hispano-Lusa que prepara o vindeiro Cumio ibérico

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, acudiu hoxe a Porto representando a Galicia na reunión preparatoria

22/09/22 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén gaba a programación cultural do Xacobeo 21 - 22 por amosar a riqueza turística de Galicia

O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles

22/09/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros lembra que volve estar activo o uso do bono turístico #QuedamosenGalicia22 ata finais de ano ao que están adheridos 31 establecementos en Ferrolterra

Esta iniciativa permitiu inxectar preto de 160.000 euros nos locais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se uniron á campaña na pasada edición
 

22/09/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realizará actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos Camiños de Santiago ao seu paso polos concellos coruñeses de Boimorto, Arzúa, Sobrado, Cabanas e Cambre

Trenor visitou as actuacións que se están levando a cabo en Boimorto no cruce da estrada AC-934 que consisten na instalación de delimitadores na marxe esquerda da vía