Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e Ibermutua Galega avanzan na tramitación do novo centro integral de servizos no antigo Policlínico Cíes de Vigo
A nova propietaria proxecta no edificio un centro integral de servizos asistenciais e administrativos, dotado das técnicas terapéuticas máis avanzadas
O próximo número da revista Administración & Cidadanía analizará os cambios políticos de España nos últimos anos
O número 2 volume 14 da publicación incluirá artigos sobre o rol dos partidos emerxentes na formación dos executivos autonómicos ou sobre os gobernos estatais de coalición
Un total de 12 cooperativas agrarias de Santiago recibiron máis de 840.000€ en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo
Ovidio Rodeiro destacou que os principais obxectivos que perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria de forma comunitaria, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético
A Xunta amplía a alerta laranxa vixente por vento que pode acadar refachos que superen os 120 km/h nalgunhas zonas da comunidade galega
Ademais, esténdese a alerta por vento ao interior de Lugo e ao noroeste de Ourense, estando o resto da comunidade en nivel amarelo
A Xunta repartiu máis de 278.000 euros en axudas para obras e equipamentos de 23 asociacións de veciños da provincia de Lugo
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe en Lugo da convocatoria para 2020 de axudas destinadas a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais
A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro e de vento e chuvia nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo
Mañá suspenderanse as actividades no exterior nos centros educativos da totalidade das provincias da Coruña, Pontevedra e da Mariña de Lugo e tamén as actividades deportivas ao aire libre nestas zonas, onde se esperan refachos de máis de 100 quilómetros por hora
Feijóo anuncia unha convocatoria de axudas que permitirá reter ou traer ás universidades galegas a 15 investigadores de alto nivel
Afirma que a Cidade das TIC na que se está a traballar é a proba de que a UDC camiña pola ruta de máis unión da universidade coa súa contorna e garante o apoio da Xunta “porque será útil para o sector da tecnoloxía, para a cidade e para Galicia”
A Xunta convoca as asociacións veciñais a unha reunión informativa sobre as axudas para a dinamización do asociacionismo de Vicepresidencia
A reunión terá lugar na sala de Conferencias da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra o próximo venres ás 11 da mañá