Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

13/10/22 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a “capacidade organizativa” do Náutico de Vigo para converter a Semana do Atlántico na “proba de referencia para a canteira” galega da vela

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do XXIII Semana do Atlántico Cidade de Vigo – Trofeo Martín Barreiro

13/10/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias celebra a fortaleza do asociacionismo veciñal de Lugo, que festexa o 23 de outubro o Día do Veciño

A Xunta apoia o evento coa distribución de produtos alimentarios galegos con distintivo de calidade e o patrocinio do concerto de Treixadura

13/10/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
13/10/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Cidade de Xustiza de Vigo finaliza a súa equipación informática para a “inminente” posta en marcha

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou as novas salas de vistas xunto aos xuíces, letrados dos xulgados e colexios profesionais
 

12/10/22 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o acordo con FADEMGA Plena Inclusión Galicia para adaptar documentos xudiciais a lectura fácil

O Goberno galego achega 15.000 euros ao convenio para que calquera órgano ou servizo xudicial poida solicitar este servizo nos procedementos que afecten a persoas con discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou con dificultades de comprensión lectora

10/10/22 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os nove mundiais de Pontevedra suporán “o maior evento de loita dende Barcelona 92 e reafirmarán a Galicia como referente organizativo e deportivo”

O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, destaca o esforzo levado a cabo polo deporte galego en xeral e pola loita en particular durante a pandemia e anima aos sete loitadores e loitadoras galegas que participarán na cita pontevedresa

10/10/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 100.000 € á mellora de camiños rurais en Cachada, Almirante e Tras do Río, no Concello de Portas

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, supervisou estas actuacións, financiadas ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e do Plan de Infraestruturas Rurais 2022

10/10/22 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executará ou activará 15,7 M€ en investimentos no que resta deste ano no concello do Porriño

Os delegados territoriais de Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, presidiron esta mañá a primeira sesión conxunta das dúas Comisións Territoriais de Coordinación de ambas áreas na casa consistorial do Porriño, onde foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, ao que informaron das vindeiras actuacións

10/10/22 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece en colaboración con axentes ambientais un incendio forestal no concello coruñés de Boiro

Foi investigada unha persoa que realizaba labores de corta, xa que o lume se iniciou pola caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico