Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

17/10/22 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aumenta o Fondo de Cooperación Local adicional un 135% ata case 30,5 M€

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e mais o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, mantiveron hoxe un encontro con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias

17/10/22 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia en Ferrolterra os cursos para mellorar as capacidades dixitais e incrementar as oportunidades laborais das mulleres no rural

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu esta mañá a benvida ás 20 participantes no curso de Fene, un dos primeiros que se desenvolven na comarca
 

17/10/22 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a “excelente iniciativa social” do festival de cine inclusivo de Vigo que rende homenaxe póstumo ao director Roberto Pérez Toledo

A delegada da Xunta en Vigo participou este luns na presentacion do certame cinematográfico que arranca cunha retrospectiva do cineasta canario
 

16/10/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a importancia do Semestre Europeo e o aliñamento de Galicia coas recomendacións dadas a España

O Goberno galego tomou nota das recomendacións específicas dadas pola UE a España e comprométese a cumprilas, ademais de avanzar na execución do Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia
 

15/10/22 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o carácter “inclusivo, transversal e aberto a Vigo” do colexio Apóstolo Santiago no seu 150 aniversario

A delegada da Xunta en Vigo participou este sábado nos actos de celebración do Colexio Xesuítas

15/10/22 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a limpeza da muralla de Lugo no marco das tarefas de mantemento, ás que destina case 616.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que os traballos comezaron a principios de setembro, cando os informes de control de fauna constataron a marcha dos cirrios

15/10/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros pon en valor a cinta 'Ferrol e o Camiño Inglés', cofinanciada pola Xunta, pola súa contribución ao posicionamento da ruta, da cidade e da ‘marca Galicia’

O vídeo, dirixido polo ferrolán Mario Llorca Loureiro, fai un percorrido por cada unha das poboacións polas que discorre o Camiño Inglés, comezando polo peirao de Curuxeiras

15/10/22 | 10:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Semana Europea das Rexións e Cidades finaliza en Bruxelas cunha destacada participación galega

Esta cita anual dedicada á cohesión territorial dentro da UE reuniu a máis de 10.000 participantes e tres actos contaron con participación galega

14/10/22 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide ao Goberno central aumentar a colaboración no funcionamento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o centro xunto ao secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco, a quen tamén lle agradeceu o destino de fondos europeos a obras nestas instalacións