Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

02/11/22 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa que a Xunta financiará con máis de 6,8 M€ máis de 151 cursos de formación para persoas desempregadas da Coruña co foco posto nas áreas que demandan man de obra

Os concellos e os centros de formación profesional para o emprego poderán cualificar máis de 2.265 persoas na Coruña e comarca

02/11/22 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha o obradoiro de emprego que continuará coa dixitalización do arquivo municipal de Monforte

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financia o proxecto con 507.000 euros

02/11/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa o vindeiro ano nun millón de euros a contía destinada ao Plan Anual da Cooperación Galega

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe un encontro con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento para afondar nas actuacións previstas en 2023

01/11/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 14 M€ nos Orzamentos de 2023 á prestación da asistencia xurídica gratuíta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo un encontro coa presidenta do Consello da Avogacía Galega para abordar as diferentes liñas de actuación conxunta entre as que tamén destaca a atención ás vítimas da violencia de xénero
 

31/10/22 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende a conservación do patrimonio natural a través de iniciativas culturais co apoio do programa ‘O teu xacobeo’

A delegada da Xunta en Vigo participou este luns na presentación dos resultados de 'Stop and help!', que o lixo non chegue ao mar”
 

31/10/22 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Universidade de Santiago impulsan a colaboración no eido da medicina legal e forense a través do instituto ‘Luís Concheiro’

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da USC, Antonio López, ratificaron o acordo que establece as liñas conxuntas de acción neste eido
 

31/10/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 130.000 euros en achegas para mellorar os equipamentos e as infraestruturas dos establecementos hostaleiros de Ferrolterra

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Pazo do Monte, un dos negocios beneficiarios dunha achega para reformar as instalacións e adquirir nova maquinaria

29/10/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O deporte galego lamenta o pasamento de Alexander Kachelaev 'Sasha', "que elixiu Galicia para transmitir toda a súa sabedoría e levar á loita galega á elite"

Levaba máis de tres décadas vinculado ao CGTD como responsable da formación dos deportistas galegos de alto nivel da sección de loitas olímpicas e, nesta última etapa da súa vida, como encargado das relacións internacionais dos nove mundiais de Grappling e de Loita que veñen de rematar en Pontevedra