Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/11/22 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias mantén un encontro cos veciños de Teis para informar sobre as melloras “inmediatas” na ETEA e os novos proxectos da Xunta no barrio vigués

A delegada territorial da Xunta en Vigo convocou aos representantes de asociacións veciñais, comerciantes, entidades deportivas e colectivos do barrio vigués

04/11/22 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Masol Iberia Fuel, no porto exterior de Ferrol

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na actuación para comprobar a coordinación en caso de emerxencia real e mellorar a resposta

04/11/22 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias anima a desfrutar dos descontos do 50 % que ofece o Bono Cultura da Xunta nos negocios lucenses adheridos

O delegado territorial da Administración autonómica explica que máis de 60 empresas da provincia xa se sumaron á segunda edición desta campaña, que esgotou os bonos entre os consumidores en tempo récord

04/11/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Arias visita a casa niño ‘A Brétema do Miño’, a segunda que se pon en marcha no municipio de Portomarín

O delegado territorial da Xunta en Lugo subliña que a provincia suma xa 23 centros e 115 prazas para menores de 0 a 3 anos no ámbito rural, gratuítas para as familias

04/11/22 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta imparte accións de concienciación e formación nos ámbitos escolares para a prevención dos lumes forestais

O delegado territorial, Luis López, asistiu esta mañá a unha destas xornadas didácticas, con membros da base helitransportada do Campiño, no CEIP de Seixo, no Concello de Marín, na que participaron os 150 alumnos do centro

04/11/22 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense e a secretaria xeral da Igualdade inauguran a exposición ‘ArteNON’

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que con iniciativas como esta, a Xunta “pretende contribuír á concienciación de toda a sociedade contra a violencia de xénero nas súas múltiples formas e manifestacións”

04/11/22 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo avoga por traballar en proxectos conxuntos entre Galicia e o Norte de Portugal para as convocatorias do novo POCTEP

O vicepresidente segundo da Xunta participou hoxe na presentación das novidades do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal para o período 2021-2027, o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea

03/11/22 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia habilitará o polo de emprendemento na cidade antes de finais de ano

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta tarde no acto ‘Crear, Innovar, Aprender’ de AJE Ferrolterra