Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/11/22 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delgado territorial da Xunta en Ourense visita aos participantes dun talles práctico sobre poda da vide

Gabriel Alén louvou, tanto as instalacións como o traballo, alta cualificación técnica, a experiencia e a implicación dos profesionais que neste centro de referencia desenvolven a súa actividade investigadora a prol do sector vitivinícola de Galicia

24/11/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola coordinación entre institucións para acadar unha xestión áxil e eficaz das emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na presentación da Memoria de responsabilidade social da institución académica

24/11/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba a creación de 4 novas prazas de funcionarios no Instituto de Medicina Legal de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica as modificación na estrutura do organismo que suporá 3 novas prazas de tramitación procesual e administrativa nas subdireccións territoriais do instituto na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e unha praza de auxilio na de Ferrol

23/11/22 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta anima ao sector do turismo a adherirse ao bono turístico

Gabriel Alén explicou que ata o de agora adheríronse 97 establecementos, 15 nesta novo convocatoria

23/11/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Syngenta

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou una actuación para comprobar a resposta das institucións e a industria ante un accidente real e a coordinación da comunicación entre os grupos de intervención mobilizados
 

23/11/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
 

22/11/22 | 21:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateron as prioridades políticas para o ano 2023