Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/11/22 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias aposta pola educación e a formación como mellor solución na loita contra a violencia de xénero

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou nos actos do 25-N e na charla co alumnado de Bacharelato do IES de Valadares

25/11/22 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”

25/11/22 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega e a Autoridade Portuaria de Marín avanzan no seu compromiso de asistencia recíproca cunha acción formativa

Os membros de seguridade da Autoridade Portuaria coñecerán durante dous días o sistema galego de atención ás chamadas de emerxencia no 112 Galicia
 

25/11/22 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará na próxima edición do Rally da Auga que percorrerá os concellos da comarca de Ordes ao mudar de localización ata 2025

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou na presentación desta proba que puntúa para a Copa de España de Rallys de Terra
 

25/11/22 | 10:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 896.000 € á adquisición de equipamento de emerxencias para 131 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da comunidade

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil
 

24/11/22 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o investimento na pista de atletismo de Expourense para acoller eventos deportivos e feirais como o salón de deporte e turismo activo ‘Sportur Galicia’

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou os expositores do salón e destacou o seu potencial para fomentar a actividade física e o deporte entre a cidadanía e, ao mesmo tempo, promocionar a comunidade como destino de turismo activo e deportivo
 

24/11/22 | 15:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou a 6 establecementos hostaleiros da comarca do Barbanza para investimentos en equipamentos post Covid por un importe de case 207.000 €

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos

24/11/22 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta consolida o apoio aos concellos para a construción e mellora de infraestruturas con 3,5 M€ de orzamento en 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o pavillón polideportivo de Boimorto, que contou cunha achega de case 34.000 euros por parte do Goberno galego

24/11/22 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca os avances tecnolóxicos das salas de vistas da Cidade da Xustiza e a boa marcha do traslado durante a visita do presidente do TSXG

A delegada da Xunta en Vigo fixo un percorrido pola nova infraestrutura xunto ao máximo responsable do Tribunal Superior, José María Gómez Díaz-Castroverde