Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/03/22 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito da aposta pola calidade do Condado-Paradanta para mellorar a imaxe do destino

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo entrega das distincións ás 47 empresas e entidades distinguidas polo seu compromiso coa calidade neste xeodestino

07/03/22 | 18:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada a demanda das ONGD de priorizar as doazóns en efectivo a Ucraína fronte as axudas en especie polos problemas de loxística

Nunha reunión coa Fegamp e diversas ONGD, acordouse establecer un grupo de traballo permanente para facer fronte á emerxencia humanitaria mentres dure a crise

07/03/22 | 18:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias celebra que o IES de Foz recupere os campionatos baristas, que “figuran entre os máis recoñecidos do panorama nacional”

Logo das actividades virtuais do pasado ano, o instituto volverá a reunir a alumnos de Escolas de Hostalería e profesionais os días 10 e 11 de febreiro

07/03/22 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resolve o concurso de ideas para a construción da nova sede do Imelga en Santiago

O xurado considerou que o arquitecto vigués Alfonso Carlos Penela presentou a mellor idea que servirá de base ao proxecto técnico, básico e de execución da obra

07/03/22 | 16:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que o retraso nas licenzas do Concello retrasa as obras de mellora do CEIP Eusebio da Garda e do IES Rafael Dieste

O Goberno galego solicitou as licenzas municipais para estas dúas actuacións no verán e suporán un investimento na cidade de case 2,2 millóns de euros

07/03/22 | 16:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Leiro en actuacións destinadas a garantir a protección do medio ambiente

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, coñeceu hoxe varios dos proxectos levados a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia Primeira

07/03/22 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis lópez anuncia que a Xunta executará ou activará 22,4 M€ en investimentos ao longo deste ano no concello de Lalín

O delegado territorial presidiu esta mañá a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada no Concello de Lalín ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove e Campo Lameiro

07/03/22 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 124.000 € na mellora das infraestruturas turísticas de cinco concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte

A Xunta financia con esta orde actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

06/03/22 | 11:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica a Abanca a xestión das tarxetas da nova edición do bono turístico, que os usuarios poderán reservar a partir de mediados deste mes

A vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do bono turístico #QuedamosenGalicia22 e abrirase o prazo para que se sumen as empresas que queiran participar nesta nova convocatoria

05/03/22 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe a poñer en valor o patrimonio e consolidar a oferta turística de Cerdedo-Cotobade co novo centro cultural e turístico Antonio Fraguas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inauguraron a reforma e restauración do antigo cine-baile da parroquia de Carballedo, unha obra na que a Xunta investiu 350.000 euros