Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

18/03/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento de 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense coa entrega de tendas de campaña de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixeron hoxe entrega deste material habilitado para despregarse en situacións de emerxencia e con facilidade para o seu transporte, montaxe e desmontaxe

18/03/22 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
18/03/22 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre este luns o prazo para as solicitudes á nova edición do bono turístico

O DOG publica hoxe a resolución na que se recolle as bases reguladoras para a concesión do Bono Turístico e procede a súa convocatoria para este ano dirixida a todas as persoas maiores de 18 anos, empadroadas en calquera dos municipios de Galicia

17/03/22 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense salienta o impacto económico do bono turístico nas empresas do sector

Gabriel Alén significou que o impacto económico desta iniciativa repercutiu en Ourense en 921.913,68 euros no gasto realizado polos aboados nas empresas adheridas en 2021

17/03/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o apoio na prevención, autoprotección e dotación de material para mitigar riscos ante situacións de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe en Ourense na clausura do 15º Salón de Prevención e Seguridade Laboral de Galicia, que destacou como feira de referencia en materia de prevención de riscos laborais

16/03/22 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Asociación de Veciños Partovia do Carballiño con diversas melloras

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

16/03/22 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que o Bono turístico da Xunta inxectou o ano pasado 1,3 M€ ao sector na provincia de Lugo

O delegado territorial explica que o concello no que máis se gastou foi Lugo, seguido de Viveiro e Pantón

16/03/22 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso e apoio á Cooperativa Agraria de Forcarei como “un dos motores do sector primario na provincia”

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reúnense coa nova presidenta, Rocío Corral, que é a primeira muller que dirixe a entidade de Terra de Montes

16/03/22 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fomenta o turismo familiar no Camiño a través da iniciativa ‘Escape Room Xacobeo’

Celebrarase entre marzo e maio en catro albergues públicos de peregrinos dos Camiños Inglés, Portugués da Costa, Mozárabe-Vía da Prata e Francés