Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/03/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Gabriel Alén visita as obras de mellora realizadas no centro de saúde de Maside que contaron cun investimento de máis de 48.000 €

O delegado territorial puxo en valor este investimento para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde para facilitar o seu uso por parte dos veciños

22/03/22 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante a gratuidade das escolas infantís municipais tras regularizar o concello vigués os pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, celebrou que o alcalde de Vigo entrase en razón e aboase a débeda que acumulou ao longo dos últimos anos, o que permitirá a unhas 400 familias viguesas beneficiarse desta medida pioneira

22/03/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da área de Ferrol

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entregaron cadansúa tenda de campaña de emerxencias ás agrupacións dos concellos de Cedeira e Valdoviño

22/03/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Avión para a adquisición dun vehículo con distintivo ambiental Eco

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o concello de Avión, que recibiu unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental de 28.650 euros

22/03/22 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Conde destaca que a Asociación Galega do Hidróxeno vai ser un axente mobilizador do sector na candidatura de Galicia ao Perte de enerxías renovables

Subliña que esta organización xorde porque Galicia está sabendo interpretar este contexto de oportunidade, nun momento en que a aposta polas renovables é un elemento clave para reducir o prezo eléctrico e garantir a competitividade e sustentabilidade do tecido industrial

22/03/22 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A maior parte dos incendios urbanos xestionados polo 112 Galicia foron provocados por descoidos e a falta de mantemento dos aparatos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou hoxe, xunto co xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, o balance do CIAE 112 Galicia

21/03/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a creación de accesos e a mellora dos lavadoiros de Torroña e Bonaval, no concello de Oia, cun investimento de 36.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta dobre actuación na parroquia de Burgueira, financiada coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes

21/03/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fai entrega de 3 vehículos pick-up a agrupacións de voluntarios de protección civil de Boimorto, Camariñas e Dumbría

O investimento do Goberno galego nos últimos anos en material cedido aos servizos de emerxencias dos concellos galegos supera os 21M€, máis de 15M€ para as agrupacións de Protección Civil

21/03/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Padrón na recuperación ambiental no lugar da Ponte cunha achega que supera os 38.600€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, comprobou as obras levadas a cabo no concello

21/03/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega 7 tendas de campaña de emerxencias a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, fixeron entrega deste material ás agrupacións dos concellos de Ames, Carballo, Carral, Cerceda, Lousame, A Pobra do Caramiñal e Padrón