Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/03/22 | 19:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o Camiño de Santiago como símbolo da unión dos pobos europeos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse co Embaixador do Consello de Europa Patrick Engelberg no marco do “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” celebrado estes días na cidade compostelá

23/03/22 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno central avanzan na coordinación da axuda a Ucraína

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron esta mañá na reunión do Comité Técnico para coordinar a xestión humanitaria fronte á crise de Ucraína presidida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones

23/03/22 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo reforzo da cooperación transfronteiriza de proximidade no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron esta mañá na reunión da Asemblea da AECT da Euorrexión Galicia-Norte de Portugal na que se aprobou o plan de actividades e o orzamento para este ano

23/03/22 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A aceleradora de startups turísticas da Xunta bate o seu propio récord de inscritos e rexistra 117 solicitudes

O programa recibe 34 propostas máis (+41%) que en 2021. Estas solucións optan a ser aceleradas no programa de formación e mentoring de talento innovador que promove o Goberno galego

23/03/22 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

A Xunta destinará 400.000 euros a unha convocatoria pública de acción humanitaria a través da cal as ONGD galegas poderían canalizar axudas a Ucraína

22/03/22 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de profesionais participan en Francia nunha nova presentación internacional do Xacobeo

O Xacobeo 21-22 foi o protagonista hoxe en París na presentación que se celebrou co obxectivo de converter o Ano Santo Dobre nun motor de recuperación

22/03/22 | 19:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora no “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” para poñer en valor o legado da peregrinación a Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na inauguración do congreso que reunirá ata o sábado a expertos de todo o mundo para avaliar a evolución da peregrinación desde o medievo ata o viaxeiro actual

22/03/22 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de internacionalizar a economía e o turismo de Galicia a través de afianzar as relacións con Iberoamérica

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe aos 15 participantes do “IV Programa de Liderado Iberoamericano” da Fundación Pablo VI procedentes de Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, México, Perú e Nicaragua

22/03/22 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias sitúa ao naval vigués como panca da recuperación económica e exixe que se teña en conta o seu peso no reparto dos fondos europeos Next Generation

A delegada territorial visitou hoxe as instalacións da empresa viguesa Rodman Polyships en Meira e coñeceu o traballo que a diario desenvolven unhas 160 persoas

22/03/22 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na restauración dos documentos do Rexistro Civil do xulgado de paz do Pereiro de Aguiar

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou as instalacións do concello ourensán e comprobou as melloras que a Xunta está a facer a través de medios informáticos nos xulgados de paz galegos