Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/03/22 | 13:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia recibirá máis de 10,7M€ de fondos europeos para a modernización da administración da xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas

25/03/22 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos cidadáns a importancia de avisar ao teléfono 012 da presenza de niños de vespa velutina ante o aumento da súa actividade nesta época do ano

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe ao equipo da empresa pública Seaga que se encarga este ano da retirada dos niños desta especie

25/03/22 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de Semana Santa de Ferrol como reclamo turístico en pleno Xacobeo

O Goberno galego retoma a súa colaboración coas confrarías e irmandades da Semana Santa de Ferrol, que este ano recuperan a actividade desta Festa de Interese Turístico Internacional, paralizada perante dous anos por mor da pandemia

25/03/22 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa unha mostra sobre o Camiño Inglés que recolle a visión artística de dúas ilustradoras

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da comisaria do Xacobeo, participaron a inauguración da mostra, que permanecerá aberta na sede de Afundación en Santiago desde hoxe e ata o 29 de abril

24/03/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o Plan director 21-23 como ferramenta prioritaria que está a guiar a recuperación do turismo

A directora de Turismo de Galicia compareceu diante da Comisión 6ª do Parlamento para dar conta do avance na folla de ruta do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro.

24/03/22 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na reforma das instalacións da aula Cemit e o parque infantil de Paradela en Castrelo de Miño

O delegado territorial comprobou hoxe, xunto co alcalde, as melloras levadas a cabo no municipio o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público cofinanciadas coa Deputación Provincial de Ourense

24/03/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 55.400 euros no acondicionamento do Camiño de Inverno no núcleo dos Novais, en Quiroga

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que se utilizarán áridos locais no novo pavimento para lograr unha mellor integración na contorna

24/03/22 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio no concello coruñés de Mazaricos

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 11 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

24/03/22 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias entrega as chaves de San Francisco 15 a dous novos veciños do Casco Vello vigués

Trátase dunha das nove vivendas, procedentes das intervencións do organismo rehabilitador, que se adxudicaron o pasado ano neste ámbito

23/03/22 | 20:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta que a tradición hospitalaria do Camiño reforza a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, impartiu a conferencia “Xacobeo. Un Camiño a Galicia” no marco das actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio da Escola Naval de Marín