Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

30/03/22 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 40.000 euros para a construción dun skatepark en O Saviñao

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

30/03/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a dotación de equipamento e o funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios de Protección Civil deste concello, aos que a Xunta destinou nos últimos anos máis de 71.500 euros nos seus gastos de mantemento e na adquisición de material de emerxencias

30/03/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Usuarios da Residencia de Maiores das Gándaras comparten actividades de lecer con cans adestrados

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o desenvolvemento dunha das sesións na que participaron persoas en situación de dependencia

30/03/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Vía da Prata, a gran protagonista da nova edición de ‘Instagrammers no Camiño’, que comezou en Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acompañaron esta mañá en Ourense a saída dos seis participantes de “Instagrammers no Camiño”

30/03/22 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza acordan solicitar máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza

30/03/22 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 450.000€ cada ano para blindar o funcionamento do novo centro de día de autismo de Aspanaes no Monte do Gozo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, participaron na inauguración deste novo equipamento

29/03/22 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta pola fortaleza da súa enogastronomía na estratexia turística a desenvolver cos fondos europeos Next Generation

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na Conferencia Sectorial de Turismo entre o Ministerio de Turismo e as CCAA

29/03/22 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia destaca a importancia da coordinación europea na acollida de refuxiados ucraínos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na que se debateu sobre a asistencia aos refuxiados ucraínos prestada polas rexións e cidades europeas

29/03/22 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Mañón en actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, as actuacións levadas a cabo o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensanción Ambiental

29/03/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o espectáculo “Inventio” pola súa aposta vangardista co camiño como eixe vertebrador da identidade cultural galega

Na súa presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, valorou unha posta en escena dirixida a todas as idades que suma maxia, danza e circo para espallar a mensaxe dos valores do Camiño