Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

01/04/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o simbólico dorsal nº 1 da organización da marcha popular “Ultreia” polo seu apoio á proba

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o simbólico dorsal número un dos 356 que se inscribiron este ano nunha proba deportiva que une Tui e Pontevedra seguindo o Camiño Portugués

01/04/22 | 08:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia celebra que o Comité Europeo das Rexións realice unha reunión en xuño en Santiago coincidindo co Xacobeo 21-22

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destaca o Camiño de Santiago como exemplo de turismo sostible e como impulsor da cohesión social e xeográfica europea

31/03/22 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o ditame do anteproxecto de lei de cooperación para o desenvolvemento sostible e a solidariedade global da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento

A reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento foi convocada pola Secretaría de Estado de Cooperación Internacional para aprobar o ditame do Anteproxecto de lei de cooperación para o desenvolvemento sostible e a solidariedade global

31/03/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa posta en valor e acondicionamento do lavadoiro de Guillar, no concello de Rodeiro, cun investimento de 17.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Rubén Quintá, supervisou as actuacións de rehabilitación desta infraestrutura de auga, que recibiu unha achega de 10.000 € ao abeiro de orde de corrección de impactos paisaxísticos

30/03/22 | 20:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a capacidade de adaptación e a profesionalidade do sector turístico pontevedrés

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na gala de entrega de premios de Turismo e Hostalería promovidos polo tecido asociativo desta provincia

30/03/22 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a colaboración para apoiar a celebración da Semana Santa de Viveiro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro

30/03/22 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a marcha “Ultreia” polo Camiño Portugués e destaca os valores de deporte, convivencia e solidariedade que comparte coa ruta xacobea

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación da cuarta edición da marcha popular que reunirá o domingo a un total de 356 persoas para desfrutar da paisaxe e o patrimonio Camiño Portugués que atravesa a provincia

30/03/22 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan as novas misións da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugura o terceiro encontro do ano do ciclo "FGE | Next Generation Galicia" da Fundación Galicia Europa