Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/04/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha trintena de expertos colabora coa Xunta no estudo de reforma da planta local galega e o impulso de novas fusións

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe unha nova reunión da comisión de seguimento do convenio entre a Xunta e a Fundación Juana de Vega, que ten como obxectivo acadar concellos máis sustentables e optimizar os seus servizos

04/04/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa en Tomiño a unidade móbil de coidados sociosanitarios, que visitará todos os concellos do sur da provincia ata finais de maio

O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asistiu, neste municipio do Baixo Miño, á estrea na provincia de Pontevedra deste servizo, enmarcado no programa Coidados Porta a Porta da Consellería de Política Social

03/04/22 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro entrégalle a Compostela aos seis Instagrammers no Camiño á súa chegada ao Obradoiro

Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño e os influencers Natalia Maquieira, Tamara García Romero e Xurxo Carreño, que repite experiencia, remataron esta mañá no Obradoiro as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata

02/04/22 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto dun cento de peregrinos asturianos completan a súa peregrinación a Santiago de Compostela

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, intercambiou uns agasallos con este grupo pertencente á Asociación de Amigos do Camiño de Siero, Noreña e Sariego que rematou esta mañá a súa peregrinación a Santiago

02/04/22 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun cento de persoas participan ata o domingo no Escape Room do albergue de peregrinos de Betanzos

Preto dun milleiro de persoas xa están anotadas nalgunha das sesións que se celebran ata maio do Escape Room Xacobeo

01/04/22 | 20:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca en Allariz a aposta orixinal e creativa da Fundación Andante no seu 5ª aniversario

Declarada de Interese Cultural Galego desde 2017, conta cunha colección de arte contemporánea composta por máis dun milleiro de pezas de artistas galegos, nacionais e internacionais, algunhas de cuxas obras se poden contemplar estes días nas rúas da vila

01/04/22 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade de achegar empresa, Igrexa e sociedade a través de diálogo e a acción social

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na clausura do “Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22” no que participaron en Santiago máis de 150 empresarios e profesionais do mundo da economía, a Igrexa e o mundo académico

01/04/22 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugura a 2ª edición da súa aceleradora de startups turísticas con 15 proxectos seleccionados

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na primeira sesión do programa de formación e mentoring autonómico especializado no sector turístico poñendo en valor o éxito de convocatoria que supuxeron as 117 solicitudes rexistradas

01/04/22 | 14:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 72.300 euros a posta en valor da cloaca e a piscina atopados no cubo VI da Muralla

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinala que as empresas interesadas teñen de prazo ata o día 19 de abril para presentar as súas ofertas

01/04/22 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Amplíanse as xornadas de portas abertas a Cidade da Xustiza que xa visitaron 2.500 vigueses e viguesas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca o éxito desta iniciativa e o interese da cidadanía en coñecer a obra xudicial mais importante de Galicia