Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/04/22 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 650.000€ na posta en marcha dun complexo recreativo en Abegondo para desfrute de veciños, turistas e peregrinos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou o campamento turístico da área recreativa do encoro de Beche e a zona na que se vai construír unha piscina e unha zona axardinada

07/04/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede novos carnés de voluntarios de Protección Civil á agrupación de Trazo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega das credenciais aos efectivos da agrupación, coa que a Xunta tamén colabora a través da orde de axudas anual de 340.000 euros para sufragar os gastos de funcionamento das 234 organizacións da comunidade

07/04/22 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello da Guarda na mellora das dependencias da Policía Local e no renting dun vehículo eco

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

06/04/22 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio no concello coruñés de Toques

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

06/04/22 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca os avances de Galicia como destino termal de referencia grazas á creación de novos produtos e servizos poscovid

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor no Parlamento galego as medidas, accións e programas cos que a Xunta leva apoiando o desenvolvemento do tecido turístico termal

06/04/22 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a colaboración e coordinación coas forzas e corpos de seguridade na busca de persoas desaparecidas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento galego que o CIAE 112 Galicia atendeu nos últimos 5 anos máis de 4.500 chamadas por incidencias deste tipo

06/04/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia súmase á Rede Europea de Xardíns históricos con nove xardíns singulares unidos pola camelia

O máximo responsable do Instituto Europeo das Rutas Culturais, Stefano Dominioni, foi o encargado de facer entrega dos diplomas de certificación que acreditan a integración dos xardíns galegos neste Itinerario Cultural Europeo, certificado polo consello de Europa desde 2020.

06/04/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio centenar de taxistas da cidade de Vigo promocionarán o Xacobeo nos seus vehículos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, agradeceu aos autopatróns a súa contribución á divulgación do Xacobeo, “que é bo para os vigueses como é bo para todos os galegos”

06/04/22 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe do Camiño da Vía da Prata ao seu paso por Boqueixón coa renovación da marxe da praza do Cruceiro en Rubial

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemen-to do Camiño.

06/04/22 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remite ao Concello de Lugo o informe ambiental estratéxico con propostas sobre a modificación urbanística na zona do Garañón

O delegado territorial destaca “a celeridade” na resposta logo de que o Goberno local pechara o 16 de marzo o prazo de información para consultas