Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/04/22 | 10:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os taxis de Vigo reforzan a súa aposta polo Xacobeo e xa suman un cento os vehículos que divulgan o Ano Santo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agradeceu aos autopatróns a súa contribución ao desenvolvemento turístico de Vigo e á posta en valor do Camiño Portugués da Costa

13/04/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou co concello de Ramirás en melloras na antiga escola de Freás de Eiras

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as melloras levadas a cabo no municipio o ano pasado

13/04/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Vigo converterase da man do Xacobeo 21-22 e a Iacobus Maris no epicentro da peregrinación marítima máis longa do mundo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presenta a chegada dos grandes veleiros en conmemoración da viaxe do corpo do Apóstolo ata Santiago de Compostela

12/04/22 | 13:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita a área termal de barbantes co gallo da súa apertura

O delegado territorial significou que ‘esta normativa supón un instrumento necesario para pór en valor e á disposición dos usuarios, nas mellores condicións hixiénico sanitarias, este recurso natural na que a nosa provincia é unha potencia mundial’

12/04/22 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 500 persoas terán oportunidade de participar no Escape Room Xacobeo 21-22 no albergue de peregrinos de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou esta novidosa iniciativa que se celebrará ata o vindeiro 17 de abril en 76 sesións de seis persoas por grupo

12/04/22 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que as boas perspectivas para a Semana Santa colocan a Galicia no liderado da recuperación turística da man do Xacobeo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo esta mañá un tramo do Camiño Primitivo dende Baleira ata Lugo

11/04/22 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña un “enorme salto na calidade das augas da ría de Pontevedra” grazas á mellora da depuradora e avanza máis progresos co novo emisario, que completa un investimento de case 30 M€

Alfonso Rueda destacou o compromiso da Xunta con Pontevedra, con investimentos que acadan máis de 240M euros e que supoñen ademais dunha mellora para os cidadáns pontevedreses, tamén un gran pulo para a dinamización e mobilización económica pontevedresa

11/04/22 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a unión entre o Camiño de Santiago e o termalismo para facer de Galicia un destino turístico único

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da publicación “Balnearios dos Camiños de Santiago en Galicia”, da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC coa que o Goberno galego colabora desde 2014 para apoiar a investigación neste ámbito