Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/04/22 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o cicloturismo en Ourense como pulo para a promoción deportiva e turística da provincia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentaron hoxe a quinta edición da proba cicloturista Ourense Strade Termal, que transcorre polo parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

19/04/22 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol anuncia a licitación das obras de execución de gabias de seguridade en catro estradas autonómicas da zona que suporán un investimento superior aos 1,1 millóns de euros

As actuacións levaranse a cabo na vía de alta capacidade VG-1.2, en Fene e Mugardos, na autovía AG-64, nos tramos de San Sadurniño e As Somozas, e nas estradas autonómicas AC-563 e AC-564, en Cabanas e A Capela

18/04/22 | 17:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Concello da Coruña anuncian o concerto de Rosalía o 29 de xullo no marco da programación do Xacobeo 21-22

O concerto, que terá lugar no Coliseum, será a única parada galega da xira mundial da cantante na presentación do seu novo traballo

18/04/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva o gran traballo do sector turístico galego nunha Semana Santa que remata cunha ocupación media por riba do 80%

As reservas de última hora e o bo tempo animaron a viaxeiros que escolleron Galicia como destino, o que permitiu rematar a Semana Santa cunha ocupación superior ás previsións establecidas polo sector

17/04/22 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia do sector vitivinícola no desenvolvemento dun turismo de calidade e sustentable

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á clausura da XL Feira do Viño de Quiroga, onde destacou o potencial do enoturismo para fomentar a actividade turística e a dinamización económica das zonas das Denominación de Orixe vitivinícolas

16/04/22 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a progresiva recuperación da chegada de grupos de peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu a case medio cento de peregrinos vinculados á Federación de Casas Rexionais en Navarra

14/04/22 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha un sistema para contabilizar o número de peregrinos que percorren as rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación desta experiencia piloto para medir a afluencia en puntos estratéxicos do Camiño Francés, o itinerario máis transitado ao concentrar máis da metade dos peregrinos