Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/04/22 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico 'Quedamos en Galicia 2022' xa ten adheridos máis de 800 establecementos de toda a Comunidade e 122 do Salnés

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou a nova campaña nunha visita ao Gran Talaso Hotel, que recibíu case 300 tarxetas na convocatoria anterior e ocupou o 12º posto de toda a comunidade

20/04/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/04/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Atlantic Fest únese á programación do Xacobeo 21-22 da man dos concertos no escenario Xacobeo

O festival de música de Vilagarcía de Arousa, se celebrará entre o 15 e o 17 de xullo co apoio da Xunta de Galicia
 
Coa confirmación hoxe do concerto de Izal, os organizadores pechan un atractivo cartel que xa ten á venda as entradas a través da súa web www.atlanticfest.com
20/04/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Asociación Cans de Salvamento de Galicia nos operativos de busca e rescate de persoas desaparecidas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou a importancia da renovación do convenio, a través do que a Xunta achega 15.000 euros en apoio ás actuacións da asociación en materia de protección civil

20/04/22 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o salón do automóbil de Vigo como o “escaparate perfecto” para a recuperación dun sector clave en Galicia

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do 30 aniversario da maior exposición comercial do motor da comunidade e segundo de España

20/04/22 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete a segunda fase da rede de camiños principais da Concentración Parcelaria de Baión cun orzamento de 1,1 M€

      O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, supervisou esta mañá estes traballos, que supoñen a apertura de 7,5 quilómetros de novas pistas

20/04/22 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia das axudas do fondo de compensación ambiental para contribuír ao desenvolvemento sostible dos concellos tras a covid

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, lembrou hoxe no Parlamento galego que a convocatoria do ano pasado deste fondo permitiu financiar 248 proxectos relacionados coa protección do medio ambiente

19/04/22 | 17:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen cinco incendios no concello de Agolada

No marco da “operación Fénix”, os axentes detiveron ao presunto autor ata en dúas ocasións en menos de 10 días