Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

01/03/22 | 12:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

As Federacións Deportivas Galegas contribuirán á conciliación de máis de 3.200 familias por medio de programas de animación dirixidos a menores de 16 anos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinaron un acordo co que a Xunta destinará 3,5M€ do Plan Corresponsables a programas socio-deportivos para rapazas e rapaces

26/02/22 | 12:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Crecente e Cerdedo-Cotobade estrean cuberta da pista de pádel e equipamento do ximnasio municipal tras un investimento de 70.000 euros

A cuberta da pista de pádel de Crecente contou cun orzamento de 41.000 euros e o equipamento do novo ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade está valorado en máis de 28.000 euros

25/02/22 | 16:03 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato Galego de Campo a Través de Lourenzá (Lugo) confirma a recuperación do Xogade que xa está en cifras pre-pandemia

Lete Lasa apuntou cara unha recuperación similar nos datos das licenzas deportivas que comezan a achegarse aos 275.000 federados de 2019 e salientou algúns exemplos como fútbol ou baloncesto que xa contan con máis fichas que antes da pandemia

24/02/22 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A delegada territorial da Xunta en Vigo asiste á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral

23/02/22 | 14:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os clubs da provincia de Lugo recibiron equipamentos deportivos por importe de 413.000 euros

O secretario xeral para o Deporte e o delegado da Xunta en Lugo supervisaron o material recibido por seis clubs lucenses: bicicletas, rolos, bacas, caixas de primeiros auxilios, embarcacións, pas, chalecos, remolques e dúas furgonetas

22/02/22 | 19:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta impulsará a primeira liga galega de remo de banco móbil neste mesmo ano 2022

Contará con catro regatas -6 de marzo, 3 de abril, 1 de maio e 12 de xullo- e terá como prioridade os botes curtos e as categorías inferiores para acadar unha maior participación e propiciar a captación de novos talentos

18/02/22 | 14:27 | Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaría xeral para o Deporte achegou 30.000 euros para renovar a pista de tenis de Friol

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras de acondicionamento das instalacións, que foron executadas polo Concello a través dun convenio co Administración autonómica

15/02/22 | 15:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que os campionatos de España de atletismo en Ourense volverán ser “os mellores da historia”

Serán os quintos campionatos nacionais que acolle a “mellor pista cuberta de España” tras o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022

15/02/22 | 13:53 | Secretaría Xeral para o Deporte
15/02/22 | 13:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Fernández-Tapias participa na presentación da 8ª edición de "A Gran Bikedada 2022"

A delegada territorial en Vigo reiterou o compromiso da Xunta para que o ciclismo, un dos deportes de maior tradición e arraigo en Galicia, siga sendo recoñecido pola calidade dos seus deportistas e dos seus eventos