Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

11/04/22 | 19:27 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o gran nivel deportivo do Salnés na súa visita ao círculo cultural deportivo Sanxenxo e ao club piragüismo Illa de Arousa

O CCD conta con 246 licenzas e en 2019 foi declarado como entidade de utilidade pública. No ano 2021 recibiu unha axuda de máis de 11.500 euros da Secretaría Xeral

08/04/22 | 10:52 | Secretaría Xeral para o Deporte
07/04/22 | 19:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que os máis novos son ‘a saúde e a esperanza para que Galicia siga respirando balonmán polos catro costados’

O secretario xeral para o Deporte despediu na Cidade da Cultura de Galicia ás seleccións infantil, cadete e xuvenil que competirán do 9 ao 14 de abril no Campionato de España de Seleccións Autonómicas CESA 2022

05/04/22 | 15:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta incrementa nun 66 % o seu patrocinio á Vig Bay que xa é ‘unha das mellores maratóns do mundo’

O secretario xeral destaca que o deporte galego recupera a normalidade con carreiras como a Vig-Bay e que o atletismo galego, vive un dos seus momentos dourados coa “primeira medalla olímpica, os cen anos da federación ou o segundo campionato absoluto celebrado en Expourense, que respalda a política da Xunta da compatibilidade de usos nos recintos feirais”

30/03/22 | 20:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca que o libro 'Más allá de la meta' de Emilio Navaza conta a xénese dos cen anos do atletismo galego

Asegura que o libro é a mellor homenaxe que se lle pode facer ao atletismo galego que no ano 2021 tamén acadou a súa primeira medalla olímpica

30/03/22 | 16:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e UFEDEGA coinciden na necesidade dun convenio colectivo federativo e avanzan en novas posibilidades de financiamento

O secretario xeral para o Deporte e a directiva da UFEDEGA continuaron traballando nas posibilidades de explotación dos dereitos audiovisuais das competicións dos deportes de equipo, un traballo no que tamén están a AMTEGA e o IGAPE

30/03/22 | 12:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta apoia ao piloto Alonso Liste para participar no Campionato de Europa de subidas de montaña

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o CIFP As Mercedes encargouse de poñer a punto o vehículo que conducirá o lucense, con quen tamén colabora a Secretaría Xeral para o Deporte

29/03/22 | 14:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta a candidatura de Teresa Portela ao Princesa de Asturias cunha gran participación: preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio

Entre as cartas de apoio presentadas destacan as da International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster do Deporte e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais, 56 federacións deportivas galegas, seis agrupacións deportivas, 48 concellos galegos, 28 clubs deportivos e 11 medios de comunicación