Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

15/01/20 | 17:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa visita en Palas de Rei (Lugo) a sede do grupo Jim Sports, Premio Galicia Saudable 2018 á entidade privada destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa

Recoñece que “a colaboración da iniciativa privada é esencial no contexto actual de loita contra o sedentarismo, a obesidade e a inactividade física en todas as etapas da vida”

15/01/20 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

Educación, Sanidade e Deporte asinan unha alianza estratéxica para loitar contra a obesidade infantil e promover estilos de vida activa nos escolares galegos

A Secretaría Xeral para o Deporte é a responsable da xestión da plataforma DAFIS que desde o curso 2012/2013 contou coa participación de 141 centros educativos de 73 concellos. En total realizáronse 26.606 valoracións de condición física saudable a 15.651 alumnos e alumnas de 6-16 anos que inclúen datos de IMC, perímetros de cintura e cadeira

10/01/20 | 13:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

O novo complexo de Monterrei contará cunha pista polideportiva, dúas de tenis, catro de pádel e un pump track que estarán dispoñibles neste verán

As obras da zona deportiva comezarán neste primeiro trimestre cunha dotación de 1.022.866,17 euros e tamén se ampliará a cuberta da pista de atletismo

10/01/20 | 13:45 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte publica a convocatoria de subvencións para clubs deportivos que medra un 2% con respecto a 2018 ata chegar aos 1.960.000 euros

Como novidade cómpre salientar que dentro dos criterios a valorar puntuarase o desenvolvemento de actuacións en prol da igualdade efectiva de homes e mulleres no deporte, así como contra a violencia machista. Ademais, a adhesión ao manifesto pola igualdade pasará a ser obrigatoria

09/01/20 | 16:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

A aposta polo motociclismo trae á Coruña a terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro e posibilita que Galicia siga presumindo de pilotos como Jorge Prado ou Gabriel Marcelli

A terceira proba do Campionato Mundial de Superenduro chega a Galicia o 18 de xaneiro tras o seu paso polas cidades de Cracovia (Polonia) e Riesa (Alemaña). O 1 de febreiro viaxará a Budapest (Hungría) e concluirá o 14 de marzo no país no que comezou, na cidade polaca de Lodz