Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

08/02/20 | 11:03 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os clubs e federacións da provincia de Ourense recibiron máis de 160.000 euros ao abeiro das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos que no ano 2019 medraron nun 500%

En total, foron 16 clubs deportivos e tres federacións da provincia ourensá as entidades beneficiadas por esta liña de axudas en 2019

06/02/20 | 20:43 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa celebra “un século de fútbol” do Rácing de Ferrol que “enche a toda a sociedade galega dun forte sentimento de orgullo”

Das 90.000 licenzas federativas que loce o fútbol de Galicia, o Rácing achega preto de 250 entre os seus sete equipos afiliados e máis os outros seis da súa Escola, a metade de todos eles (124), están adscritos ao seguro deportivo 6-16 Xogade que financia a Xunta de Galicia

06/02/20 | 15:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato Galego Júnior e Escolar de Loitas Olímpicas arranca mañá en Vigo nun contexto de crecemento das licenzas que permite a Galicia ser a comunidade líder neste aspecto

O número de licenzas federativas aumentou desde 2017 un 23% ata superar as 1.600, pero o que é máis importante é o comportamento das licenzas femininas, que no mesmo espazo de tempo subiron un 65% ata situarse nas 600

06/02/20 | 12:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca “o traballo, a constancia e o compañeirismo” dos nosos remeiros e remeiras que axudarán á Selección Galega no Campionato de España de Castrelo de Miño

Subliña algúns dos fitos conseguidos xunto á Federación e á LGT como a cuarta posición de Galicia en canto ao número de licenzas por comunidade e a primeira en canto a número de clubs, ou a clasificación de Rodrigo Conde para Toquio 2020

05/02/20 | 21:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa sitúa a Ourense como líder do turismo e destaca a compatibilidade de usos da pista de Expourense que traerá á cidade o mellor do atletismo nacional

O secretario xeral para o Deporte participou na Noite do Deporte celebrada ao abeiro da vixésimo primeira edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2020

05/02/20 | 19:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Ourense as novidades das que se poderán beneficiar no 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril

En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego

01/02/20 | 23:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
30/01/20 | 14:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa valora a simultaneidade da Copa del Rey e a Copa de la Reina de hóckey que levan á Coruña a súa 77ª e a súa 15ª edición respectivamente

Lembra como en 1942 celebrábase no Leirón o primeiro partido de hóckey en Galicia e destaca como, 77 anos máis tarde, preséntase na mesma cidade a 77ª edición da Copa del Rey, unha oportunidade inmellorable para que un club galego se alce co trofeo de campión

29/01/20 | 20:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta saca a licitación as obras de construción das novas instalacións deportivas no Complexo de Monterrei no Pereiro de Aguiar (Ourense) por 1 millón de euros

O proxecto de reforma contará cunha zona deportiva e unha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes cun orzamento total próximo aos 10 millóns de euros e cofinanciado ao 50% entre Xuntade Galicia e Deputación de Ourense

29/01/20 | 20:24 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa comunica aos deportistas galegos de alto nivel de Pontevedra as novidades das que se poderán beneficiar en 2020 e a liña de axudas para os Xogos de Toquio que sairá en abril

En total, desde o ano 2008, os deportistas galegos de alto nivel recibiron uns 4,4 millóns de euros (4.347.820 euros) no que respecta ás axudas da Fundación Deporte Galego