Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

11/03/20 | 21:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta dispón que toda competición deportiva oficial autonómica celebrada na comunidade sexa disputada a porta pechada e na medida do posible suspendida ou aprazada

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, comunicou as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no eido deportivo a raíz da epidemia do novo coronavirus na reunión do Foro de Deporte Federado onde asistiron os representantes das federacións deportivas de Galicia

07/03/20 | 10:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato de España de Atletismo en pista cuberta deixa en Ourense mostras dun gran nivel deportivo e organizativo: máis récords, máis audiencias, máis asistentes e maior retorno

O conselleiro de Economía e Industria asegura que “desde hoxe comezamos a traballar para poñer a disposición da federación española outro tipo de probas, por que non un campionato europeo”

06/03/20 | 19:00 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta enxalza a traxectoria de cinco mozas e mozos na primeira edición dos Premios Talento Mozo nos eidos da ciencia, o rural, o deporte, a empresa e a cultura e creación

Recoñece a carreira profesional da atleta Ana Peleteiro Brión, do científico Christian Vidal Vides, da especialista en cunicultura Paula Rodríguez Villamayor, do empresario Jorge López Rodríguez e da comisaria e xestora cultural Sara Donoso Calvo

29/02/20 | 15:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os números do atletismo galego que converten a Galicia nunha “comunidade líder” na véspera do “mellor campionato de España da historia”

A de atletismo é unha das federacións deportivas que máis se achegan á porcentaxe ideal de distribución entre sexos cun 43,5% de mulleres federadas

27/02/20 | 14:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta proporciona clases de iniciación á escalada a 300 escolares de Lugo nun plan piloto do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, visitou aos alumnos do CPI de Guntín e do IES do Camiño de Palas de Rei, que hoxe practicaron no rocódromo do Pazo de Feiras

21/02/20 | 16:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa traslada os seus mellores desexos no acto de presentación da tempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O secretario xeral para o Deporte destacou "que a unión de Jose María Froiz e Evaristo Portela leva 32 anos representando a gran nivel no panorama español elite e sub-23 ao ciclismo galego"

20/02/20 | 18:27 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que as dúas medallas de bronce acadadas por Sara Viéitez no Europeo de Roma apuntalan á loita galega como referente internacional

O secretario xeral para o Deporte destacou “que todo o traballo levado a cabo polo tecido deportivo da loita recolle os seus froitos con estas dúas medallas, sendo a primeira vez que unha loitadora galega acada unha presea continental“ e augura “innumerables triunfos nas diferentes categorías nas vindeiras competicións”