Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

10/05/22 | 16:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o camiño do Noia FS que acada á máxima división "tras unha longa peregrinaxe de traballo e sacrificio"

Valora o gran nivel do fútbol sala masculino galego, "un legado que souberon recoller as mulleres mesmo superando o listón que puxeron os homes"

09/05/22 | 18:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia recibirá 442.000 euros do CSD para impulsar o programa 'Adestra a túa saúde' que xa está en marcha en Abegondo e Arteixo

Dirixido principalmente ás persoas maiores de 60 anos, o programa pretende mellorar a calidade de vida e afondar na prevención da fraxilidade destas persoas a través do exercicio

06/05/22 | 13:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa acompaña “aos mellores piragüistas do mundo” no selectivo nacional de sprint que ten lugar en Verducido

O secretario xeral para o Deporte afirmou que, coa participación de Teresa Portela, Sara Ouzande e Carolina García no K4 feminino e a de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade no K4 masculino, “máis da metade da tripulación dos mellores barcos nacionais é galega"

05/05/22 | 15:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete supervisa as obras do Manuel Anxo Cortizo que, tras a cesión do contrato, avanzan a bo ritmo e estarán rematadas neste mesmo mes

As actuacións responden a un convenio de colaboración asinado pola Xunta de Galicia co Concello de Lalín por importe de máis de 700.000 euros

05/05/22 | 15:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o ‘pasado, presente e futuro’ do motociclismo galego na presentación da primeira proba do mundial de enduro en Lalín

Lete Lasa lembra aos mellores pilotos galegos e lembra a proba do Campionato do Mundo de Enduro de 2019 en Santiago de Compostela, "tres anos despois e tras unha pandemia, o deporte galego segue acollendo grandes eventos e as licenzas de motociclismo duplicáronse"

03/05/22 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A segunda edición da Liga Xunta de Galicia de Break bota a andar para ratificar o seu enorme éxito e coa mirada posta nos xogos de 2024 e 2028

O secretario xeral para o Deporte destaca que a Liga Xunta de Galicia de Break é o perfecto pulo para continuar loitando polas metas no canto dos deportes urbanos como son o Plan Director, a creación da Federación Galega de Baile Deportivo e a posibilidade de que algún galego ou galega acade a participación olímpica

29/04/22 | 14:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta participará na renovación das pistas de atletismo de Balaídos cunha achega de 3 millóns de euros

O secretario xeral para o Deporte remitiu esta mesma semana unha carta ao alcalde de Vigo trasladando a “conformidade cos termos xerais da nova instalación, incluídos os económicos” e reiterando “o carácter prioritario desta actuación” para a Xunta de Galicia