Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

07/05/20 | 13:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia acada o máximo histórico de deportistas galegos de alto nivel con máis de medio milleiro de recoñecidos (505)

Dos 505 DGAN, 16 son deportistas con discapacidade (5 mulleres e 11 homes), o número máis elevado desde que se recoñecen aos deportistas galegos e galegas de alto nivel grazas a unha evolución ascendente nas últimas resolucións que avala o especial pulo levado a cabo pola Xunta en prol do deporte adaptado

05/05/20 | 17:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa traslada o seu apoio a federacións e deportistas de alto nivel e clarifica as súas dúbidas respecto á práctica deportiva

Mantén unha xuntanza coas 58 federacións deportivas de Galicia primeiro e cos deportistas galegos de alto nivel despois, representados por unha trintena deles que se atopan na carreira olímpica

04/05/20 | 17:49 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa reclama unha participación máis activa das autonomías na desescalada deportiva que, no caso de Galicia, xa ultima o seu plan de continxencias con todas as federacións

Na xuntanza convocada polo CSD con todos os responsables autonómicos do deporte, o secretario xeral analizou as principais ambigüidades respecto as últimas ordes ministeriais aprobadas

02/05/20 | 12:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral continúa a elaboración do seu Plan de continxencias con todas as federacións e traballa nun protocolo de apertura para o CGTD

Tras o pago a 16 novas federacións, a contía saldada xa sobe ata o 81,12% do total dos convenios, recibindo os seus pagos un total de 54 das 58 federacións e grazas a tramitación de xeito anticipado polo Consello da Xunta no pasado mes de decembro 

29/04/20 | 20:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta e as federacións avanzan no plan de continxencias para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia

No día de hoxe, o persoal da Secretaría Xeral para o Deporte porase en contacto coas distintas federacións para poder establecer un protocolo concreto de desescalada e axustado a cada especialidade deportiva

25/04/20 | 12:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta traballa nun plan de continxencias elaborado con expertos para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia

Recórdase a todas as federacións que a actividade 6/16 escolar e federativa non será retomada ata o vindeiro mes de setembro se así o permiten as circunstancias

18/04/20 | 21:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os valores do deporte como o “sacrificio e a resiliencia para axudarnos neste tempo de confinamento” na arrancada virtual do motoclub VFM

Valora esta iniciativa que permite que os deportistas se unan aos aplausos das 20,00 horas, “un síntoma de unión en tiempos de pandemia e unha forma de recoñecer o traballo de tanta xente de traballos esenciais que nos están permitindo levas a nosa vida un pouco mellor”

17/04/20 | 17:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia recorda ás federacións deportivas que "a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene"

Barállase a posibilidade de que a actividade 6-16 poida ser retomada cara ao último trimestre do ano, en función da evolución da situación

16/04/20 | 12:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

126 deportistas galegos e galegas de alto nivel benefícianse da prórroga de seis meses do recoñecemento DGAN

Esta prórroga será efectiva para os expedientes nos que se produza a perda da súa vixencia durante o ano 2020 e mantén a consideración de alto nivel así como os beneficios que para tal consideración se atribúan