Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

09/07/20 | 18:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Federación levan a Vigo os campionatos galegos de tenis -absoluto, en cadeira de rodas, benxamín, alevín e cadete- do 17 ao 26 de xullo

Lete Lasa destaca a Lourdes Domínguez, Martín de la Puente e Jessica Bouzas como “pasado, presente e futuro” do tenis galego e que representan os 4.000 tenistas galegos federados

08/07/20 | 11:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os deportes de loita e combate, protagonistas da terceira entrega das guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’

A nova entrega inclúe unha guía de suxestións para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus

03/07/20 | 12:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a segunda guía DXT Galego que recolle as recomendacións para a motivación de cara as esixencias do partido e unha guía para o adestramento en deportes de equipo

A guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas, incide en adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo

02/07/20 | 16:52 | Secretaría Xeral para o Deporte
29/06/20 | 16:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta publica a primeira entrega das guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ nacidas do consenso do sector “para recuperar canto antes a normalidade”

O secretario xeral asegura que tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, “a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”

26/06/20 | 13:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reactiva a Escola Galega do Deporte co primeiro curso en liña para o bloque común de adestradores de nivel I

O curso está destinado ás federacións que se atopan en período transitorio, polo que Lete Lasa manifestou o seu compromiso de chegar ás 58 federacións deportivas e poder ofertar os cursos á totalidade dos 275.000 deportistas federados e para todo aquel interesado que queira formarse como adestrador

25/06/20 | 17:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia recoñece á billarda como modalidade deportiva

Na resolución asinada polo secretario xeral para o Deporte, ademais dos seus valores estritamente deportivos, asegúrase que a billarda “reforza unha xestión sa e sostible do entorno natural e fortalece a tradición galega”

23/06/20 | 19:20 | Secretaría Xeral para o Deporte

A piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abrirán as súas portas o xoves 25 de xuño de 12 a 21 horas e co seu aforo ao 75%

Na páxina web do Deporte Galego xa se pode consultar o protocolo de actuación tras a superación da fase III e o comezo da nova normalidade

17/06/20 | 18:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Medio centenar de equipos femininos ou mixtos dun total de 94 son patrocinados na primeira fase do plan da Fundación Deporte Galego

En total foron convidados un total de 99 equipos, dos que o 95% (94) solicitaron o patrocinio que se asinará en próximas datas