Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

14/09/20 | 11:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte destina 58.600 euros a catro entidades lucenses para a adquisición de furgonetas e outro equipamento

O Club Ensino, o Emevé, Judo Lugo e Ritmo Lugo resultaron beneficiarios do programa de axudas convocado pola Xunta para renovar e modernizar o material

09/09/20 | 20:11 | Secretaría Xeral para o Deporte

Acordo para a non celebración da Volta Ciclista a Galicia 2020

Equipos participantes, federación e secretaría xeral mantiveron un encontro esta tarde no que se acordou a non celebración da XIX edición da proba.

09/09/20 | 08:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta expresa a súa “enorme decepción” pola renuncia do CSD a elaborar o protocolo marco para a competición non profesional de ámbito estatal

Lete Lasa lembra que a competencia para elaborar o protocolo é do CSD xunto as federacións nacionais e que a vontade da Xunta foi sempre “colaborar co resto de comunidades para axudar na redacción deste protocolo que o CSD pode aprobar de xeito unilateral en calquera momento”

04/09/20 | 19:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca Galicia como destino turístico seguro, escenario dos máis importantes eventos e berce dos mellores deportistas, no transcurso do Campionato de España de Surf

Felicita a Guillermo Carracedo, recente campión de España na modalidade de SUP Olas e animou a outras das grandes esperanzas do deporte galego como Gony Zubizarreta ou Vicente Romero

03/09/20 | 17:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a responsabilidade e o traballo en equipo como factores da reactivación do deporte galego que comezou hai dous meses e continua hoxe con eventos como a Semana Abanca

Acto despois da presentación do evento, o secretario xeral formalizou o contrato de patrocinio con Zulema Prado, presidenta do Club Marítimo de Vigo, polo que o Goberno galego concede á Semana Abanca un total de 5.000 euros

28/08/20 | 15:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta esixe ao Ministerio unha rápida actuación para o deporte non profesional e ofrece o traballo de Galicia que conta con protocolos específicos dende hai máis de dous meses

Denuncia o “triste asunto” do Real Club Deportivo de La Coruña e que prexudica a toda Galicia e ao deporte xeral sentando un “moi mal precedente”

28/08/20 | 14:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia permite o deporte con contacto para os seus mellores deportistas, os que teñen máis necesidades e os equipos que poidan sufrir prexuízo pola situación noutras comunidades

Os protocolos dos eventos deportivos deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación á concreta modalidade deportiva segundo o establecido no protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

26/08/20 | 12:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e as Federacións Galegas reactivan os grupos de traballo na procura dun modelo común para retomar a actividade deportiva autonómica axustada ao escenario actual

Cítanse dentro de quince días para, na medida do posible, comezar a implementar novas medidas que permitan avanzar cara a recuperación da normalidade na práctica deportiva galega