Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

02/11/20 | 15:20 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta habilita un formulario en liña para que os equipos desprazados a Galicia de modalidades que impliquen contacto comuniquen os seus datos

Todos os membros da expedición dos equipos e deportistas deberán realizar test serolóxicos ou probas similares e comunicar ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e hora de chegada á Comunidade Autónoma galega, o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección da COVID-19 á que fosen sometidas ditas persoa

30/10/20 | 18:18 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Campionato Galego sub 15 de Bádminton comeza mañá como “outra mostra máis da reactivación do deporte galego”

“Puxéronse os medios para que Galicia sexa un espazo seguro e Galicia ten un deporte seguro polo que os deportistas galegos poderán competir de forma segura e tamén desprazarse por Galicia cando o esixa os adestramentos ou competicións”

29/10/20 | 15:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa defende o traballo "consensuado e coordinado" da Xunta que construíu unha realidade deportiva segura con "protocolos, tests e máscaras"

Fai un repaso de todo o que leva feito a Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta á contención do virus nos últimos sete meses nos que “o deporte galego non deixou nin un só minuto de traballar”

28/10/20 | 15:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

O CSD aborda a posibilidade de que o deporte federado non profesional poida superar os límites do toque de queda nos desprazamentos esixidos pola práctica deportiva

O secretario xeral para o Deporte insiste unha vez máis na necesidade de esclarecer os puntos que aínda non están pechados no protocolo do CSD, nomeadamente, no caso das probas de detección a realizar e o seu financiamento

16/10/20 | 15:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Constituído o Foro de Reactivación do Deporte Galego na súa primeira xuntanza virtual

Participaron representantes da FEGAMP, da UFEDEGA, dos grupos de traballo do FISICOVID, das ADEs, das Universidades, da AGAXEDE, do COLEF, da AXIDEGA e DGAN como Javier Gómez Noya ou Teresa Portela

15/10/20 | 15:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e UFEDEGA continúan traballando en prol da reactivación do deporte galego e exploran novas vías de colaboración

A reunión serviu como previa da convocatoria do Foro de Reactivación do Deporte Galego que terá lugar mañá de xeito telemático

13/10/20 | 19:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta volve reclamar ao CSD unha reunión urxente para abordar as medidas que garantan a saúde dos deportistas nas competicións estatais non profesionais

A Orde do 30 de setembro de 2020 esixe "test serolóxicos ou outras probas similares" tanto aos equipos e deportistas galegos como aos equipos e deportistas procedentes doutras comunidades nas modalidades deportivas que poidan implicar contacto

09/10/20 | 18:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa celebra o ascenso do Xadrez Ourense a división de honra tras rematar segundo en Padrón

Xadrez Ourense e Fontecarmoa de Vilagarcía disputaron sete xornadas contra outros seis equipos de Primeira División de todo o país

09/10/20 | 14:58 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os protocolos e as medidas da Xunta que evitan contaxios como no caso do Teucro-Adrianenc na presentación do Medio Maratón de Pontevedra

Esta será a primeira competición de ruta desde a reactivación do deporte galego, "unha proba para a futura organización de máis eventos de fondo e para examinar o protocolo covid elaborado pola Ximnástica de Pontevedra e o Concello e baseado no FISICOVID"

09/10/20 | 13:46 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Ufedega lanzan a iniciativa #ForteCoDeporte para fomentar a actividade física en tempos de pandemia

Con esta acción, Xunta e Ufedega trasladan á sociedade que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade