Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

18/02/21 | 17:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta investirá o 66% do importe da reforma e ampliación do Club Deportivo Náutico de Miño (A Coruña)

A actuación terá un orzamento base de preto de 262.000 euros sendo 172.800 euros achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte e o restante polo concello

17/02/21 | 14:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das subvencións a entidades deportivas que se duplica con respecto a 2020

Destaca a nova liña de implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da covid-19 cun importe de 2 millóns de euros

13/02/21 | 12:06 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte financia con 26.000 euros a actividade da Federación Galega de Espeleoloxía durante o 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o Centro Español de Documentación Espeleolóxica, situado en Mondoñedo

05/02/21 | 12:01 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta mantén tamén o importe das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos que no 2021 volverán a acadar os 700.000 euros

Este anuncio realízase unha semana despois da aprobación polo Consello da Xunta dos convenios de colaboración coas federacións galegas que tamén manteñen o seu importe de 2020 e o máis elevado da serie histórica desde 2011 sendo este de 4,4 millóns de euros

03/02/21 | 19:19 | Secretaría Xeral para o Deporte

O segundo Plan de rescate da Xunta incluirá axudas específicas para os ximnasios

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, reuníronse hoxe por videoconferencia coa Plataforma galega pola educación física, actividade física e o deporte

03/02/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral para o Deporte

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o pavillón de Castro Caldelas vinculado ao CPI Virxe dos Remedios

Gabriel Alén interesouse polo estado das instalacións tralo paso das frontes climatolóxicas adversas das últimas semanas

03/02/21 | 14:59 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o deporte como "sector estratéxico" nunha nova reunión do Foro de Reactivación que traballa na creación das contas satélite e no impulso do clúster

Tamén se estudaron posibles propostas fiscais para o deporte e o recoñecemento da actividade física como actividade esencial

31/01/21 | 18:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

O deporte galego chora o pasamento de Alejandro Gómez, "probablemente o mellor atleta que ten dado Galicia"

No mes de xullo anunciouse que o campionato galego de 10.000 metros levará o nome do deportista olívico

30/01/21 | 11:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta mantén o importe dos convenios das federacións deportivas que neste 2021 e a pesar do descenso da actividade volven acadar 4,4 millóns de euros

Os convenios de colaboración que o Goberno galego asinará coas respectivas federacións deportivas mais o convenio para o mantemento de Verducido ascenden a un importe de 4.392.684 euros, o mesmo que o destinado en 2020, un 2% máis que en 2019 e sendo, de novo, a dotación económica máis elevada desde o ano 2011

28/01/21 | 15:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Comisión Galega de Control da Violencia resolve dous novos expedientes con multas de 600 euros a dous espectadores por incumprir normas de seguridade

28 espectadores do Rally de Ferrol e 3 da Vuelta a España están denunciados por cruzar a estrada pola que discorrían as probas