Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

05/05/21 | 18:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa fixa a educación e colaboración institucional como chaves para a loita antidopaxe no deporte

A Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe vén realizando as súas competencias e destaca a sinatura dun convenio coa AEPSAD, así como a elaboración dun plan de controis vinculado co marco deste convenio

29/04/21 | 12:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa enxalza a figura do promotor de exercicio e saúde no curso da Fundación Deporte Galego sobre prescrición de actividade física

Destaca que en 2021 a ferramenta DAFIS desenvolverá “un proxecto para a prescrición de exercicio en persoas maiores de 60 anos desde os centros de saúde, seguindo as directrices da OMS e no que colaborará a Consellería de Política Social”

28/04/21 | 16:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete celebra o ascenso do Aldebarán co compromiso dunha actuación no pavillón de San Sadurniño que roldará os 100.000 euros en colaboración co concello

Cualifica a tempada do Aldebarán como “un gran triunfo de país” tras gañar a Copa Príncipe, a Superliga 2 e o ascenso á Superliga, a máxima división española do voleibol onde xa se atopan o Boiro e o Emevé de Lugo, que tamén ten ao seu equipo feminino na elite nacional

27/04/21 | 13:19 | Secretaría Xeral para o Deporte

A orde para equipamentos deportivos da Xunta deixa máis de 3 M€ nos equipos galegos nos tres últimos anos

O secretario xeral e a delegada da Xunta supervisaron o material recibido polos equipos de Vigo en 2020 que xuntan tres furgonetas e un minibus e unha contía total de preto de 200.000 euros

26/04/21 | 19:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta e o Baile Deportivo Galego avanzan con paso firme cara a creación da federación

A Xunta segue coa súa aposta polo baile deportivo que en 2024 será incorporado ao programa olímpico a través do breaking (break dance), xa recoñecido como modalidade deportiva e promovido mediante a Liga Galega de Breaking que itinerará por toda Galicia

22/04/21 | 15:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Concello de Lugo colaboran na dinamización do deporte lucense cun novo pavillón polivalente e a renovación do pavillón da OJE

O secretario xeral para o Deporte e a rexedora local abordaron os principais temas deportivos do concello lucense e repasaron a actualidade dos equipos da cidade

21/04/21 | 18:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa respalda o proxecto do Parque Acuático de Monterrei como unha actuación moi positiva que mellorará a calidade de vida dos cidadáns

Tras a inauguración da zona deportiva, a obra da primeira fase estará rematada no 2022 e as seguintes serán executadas sucesivamente

20/04/21 | 18:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o pavillón de Crecente como “exemplo de boa xestión, planificación e mantemento” que vén de ser rehabilitado pola Xunta

En total, o orzamento da actuación alcanzou os 105.176,88 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achega o 60% (62.000 euros) e o Concello de Crecente, o restante 40%

16/04/21 | 20:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa defende a “igualdade e a inclusión” como valores intrínsecos do deporte na presentación da 33ª tempada do Froiz

Lembra a figura de Guillermo Sande nun acto que serve para homenaxear ao que fora seleccionador galego de ciclismo

15/04/21 | 12:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa reivindica o “deporte para toda a vida” na presentación do campionato de España infantil de karate de Ourense

Lembra a Carmiña Barro Pita, “unha muller que dedicou boa parte da súa vida a promover o karate a nivel automómico, desde a presidencia da Federación Galega e a nivel estatal, desde a vicepresidencia da Federación Española”