Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

03/06/21 | 15:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os avances da conta satélite do deporte no XI Congreso Iberoamericano de Economía Deportiva

Subliña a importancia do deporte como un eido de “prosperidade, complementariedade e economía”

02/06/21 | 15:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a traxectoria de Iago López Marra que xa ten demostrado ser "de ouro" antes da súa partida a Toquio

Subliña o apoio da Xunta á vela galega que, no caso de Iago, contou coa adquisición en 2019 dunha embarcación tipo 49er valorada en máis de 22.000 euros

01/06/21 | 13:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca as opcións de éxito en Toquio de Nico Rodríguez, primeiro clasificado do ránking mundial 470

Destaca o apoio da Xunta á vela galega que, no caso de Nico, contou coa adquisición en 2020 dunha embarcación tipo 470 e equipamento por importe duns 23.000 euros, en colaboración coa Real Federación Galega de Vela

01/06/21 | 09:10 | Secretaría Xeral para o Deporte
28/05/21 | 12:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

Máis de 50 nenos da Agrupación Deportiva Escolar Lucus achéganse á escalada da man da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, visitou aos participantes no programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte

27/05/21 | 18:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa anuncia que o Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición de Galicia da tempada 2021/2022 acadará o seu máximo histórico con 3,9 millóns de euros

En total, desde a primeira edición do plan no curso 2009/2010, os equipos de alta competición de Galicia recibiron máis de 33 millóns de euros

25/05/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Feijóo destaca o patrocinio do Xacobeo aos deportistas galegos, que levarán a marca Galicia e os valores do Ano Santo por todo o mundo

Precisa que o acordo abrangue equipos de alta competición e a promoción de eventos e campionatos de ámbito internacional neste 2021 e no 2022

22/05/21 | 10:39 | Secretaría Xeral para o Deporte

A secretaría xeral para o Deporte destina 19.000 euros a pechar cunha rede de protección o campo de fútbol de Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Xunta colabora cos concellos na mellora das dotacións que faciliten a práctica deportiva

20/05/21 | 15:52 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete enxalza a “fortaleza e capacidade de superación” dos 21 deportistas galegos preseleccionados no equipo paralímpico español para Toquio

Destaca que o 15% da delegación española ten acento galego, un feito que responde a “un traballo intenso realizado por todo o tecido deportivo en prol dos deportistas con discapacidade e do deporte adaptado”

07/05/21 | 13:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa participa nunha actividade de bolos, billarda e chave no CEIP Sobreira de Valadares onde anuncia a constitución da nova Federación Galega de Deportes Autóctonos

O pasado xoves 29, o Consello da Xunta autorizaba a sinatura da addenda ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Chave -agora Federación Galega de Deportes Autóctonos-, que en total recibe 16.000 euros