Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

17/08/21 | 14:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O pavillón do Rosal estrea o seu novo pavimento tras as obras de 50.000 euros sufragadas no 80% pola Xunta

Lete Lasa destacou a importancia desta actuación para que o balonmán, así coma outros deportes, siga sendo un referente no concello e que o Novás poida desputar os seus partidos nas mellores condicións

13/08/21 | 13:57 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte
05/08/21 | 13:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Fernández-Tapias destaca o compromiso da Xunta co Marisquiño como referente europeo do deporte urbano e como polo de atracción turística en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, valorou a celebración de eventos como este que fomentan a actividade deportiva, contribúen á dinamización económica e proxectan no mundo a imaxe de Vigo e de Galicia

03/08/21 | 17:59 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte xa pensa en París 2024 e mantén unha reunión co equipo español de windsurf IQ-Foil días antes do mundial

Tomás Vieito, vixente campión de España de windsurf IQ-Foil será unha das principais bazas galega para os vindeiros Xogos Olímpicos

03/08/21 | 17:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

A 58ª edición da Regata Rías Baixas volve celebrarse baixo o paraugas de Mar de Maeloc que combina a tradición e a excelencia do noso deporte

Moitos dos celtas que viaxaron a Galicia baixo o liderado do bispo Maeloc, fixérono en barcos veleiros como os que impulsaron a Iago López Marra e a Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos ou o que esperemos que leve a Nico Rodríguez ás medallas a partir das 7,30 horas de mañá

30/07/21 | 17:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

Publicada a contratación das obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira en Ribeira cun orzamento de 900.000 euros

A publicación deste prego na plataforma de contratación coincide coa clasificación da ribeirense Ana Peleteiro para a final de triplo salto dos Xogos Olímpicos acadando un novo récord galego ao aire libre (14,62 metros)

28/07/21 | 17:02 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ratifica a súa aposta polos deportes urbanos co skate park de Porto do Son, días antes do debut de Benedetti nos Xogos

O novo parque, que contou cun investimento de 46.000 euros cofinanciados entre Xunta e Concello, conta con diferentes elementos que permiten realizar tanto skate como parkour

27/07/21 | 16:27 | Secretaría Xeral para o Deporte

Nace Galicia Olímpica, a nova website da Xunta con toda a información das galegas e galegos en Toquio

Ademais do calendario dos deportistas galegos con todos os detalles das probas nas que compiten, o espazo web tamén informa ao momento sobre os seus resultados

26/07/21 | 17:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca ao Team Farto como un dos mellores equipos femininos de Galicia que xa se atopa entre a elite mundial

O equipo ciclista UCI continental feminino converterase no primeiro equipo galego en disputar o Ceratizit Challenge by La Vuelta -equivalente á Vuelta a España feminina que se celebra desde o ano 2015- e que nesta edición disputarase integramente en Galicia

23/07/21 | 15:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete presume do nivel do surf galego que trae “os mellores eventos do mundo ás mellores praias do mundo”

O Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Junior Prol Ferrol que se celebra do 22 ao 25 de xullo na praia de Doniños é a segunda proba do circuíto júnior da World Surf League, considerado o mellor do mundo