Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

14/09/21 | 15:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa presenta a XIX Volta Ciclista a Galicia como unha homenaxe a todos os que traballaron pola reactivación do deporte galego

Destaca o inicio da Volta en Ponteareas polos 35 anos da vitoria de Álvaro Pino na Vuelta de 1986 e tamén apunta cara outros dous ponteareáns como Delio Rodríguez, o maior vencedor de etapas na Vuelta (39) e Borja Gómez, a primeira persoa con síndrome de Down que competiu nun Campionato de España, neste caso de ciclocross

13/09/21 | 18:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta e a SIPD presentan o libro que recolle as 50 ‘Pílulas solidarias’ que chegaron a máis de corenta países durante o confinamento

O libro estará dispoñible na súa edición dixital na páxina web do Deporte Galego a partir da semana que vén, tanto en galego como en castelán

09/09/21 | 18:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa supervisa o estado final da pista de pádel de Meira (Lugo) na que a Xunta investiu máis de 20.000 euros

O mandatario galego subliña a necesidade de que as distintas administracións colaboren para sacar adiante infraestruturas deportivas axeitadas á realidade do deporte galego e para conseguir “a poboación activa e saudable que todos desexamos”

09/09/21 | 17:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia impulsará a primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña, no concello de Cervo

A nova pista aproveitará e optimizará as instalacións deportivas da Veiga que ademais contan cun pavillón polideportivo

09/09/21 | 13:45 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e a nova xerente do Clúster Galego do Deporte, a campioa olímpica Sofía Toro, xa traballan en prol da industria deportiva galega

Ambos coincidiron nos obxectivos da entidade: Impulsar servizos innovadores; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento; así como fomentar hábitos saudables, obxectivos fundamentais

08/09/21 | 17:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte, Turismo e a xestión da pandemia danse a man no Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf onde Galicia amosa o seu liderado

O secretario xeral para o Deporte destaca a capacidade de liderado do golf galego e subliña a capacidade de recuperación do deporte de Galicia que o 15 de xullo de 2020 xa contaba cun protocolo específico e que deseñou unha unidade didáctica para achegar o golf aos máis pequenos

08/09/21 | 15:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Xacobeo 6MR Europeans 2021 volve a poñer á vela galega no epicentro do deporte nacional e internacional

O secretario xeral para o Deporte destaca a Galicia ocmo "potencia mundial na vela" tras a portentosa actuación en Toquio de Nico Rodríguez, Iago López Marra e Támara Echegoyen