Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

22/11/21 | 14:18 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Máster de Ourense pecha un 2021 dourado para o atletismo galego: cen anos da Federación e a primeira medalla olímpica

Lete Lasa destaca a calidade da pista cuberta de Ourense, na que a Xunta investiu 4,3 millóns de euros e que xa acolleu catro campionatos de España e unha trintena de campionatos galegos

21/11/21 | 12:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

Máis de 3,5 millóns de euros para mellorar a imaxe, seguridade e accesibilidade dos complexos de Elviña I, Sardiñeira e Agra I (A Coruña)

A empresa adxudicataria -que executará no primeiro ano o 25% dos investimentos, o segundo ano o 35% e o terceiro ano o 40%- poderá incrementar este orzamento de acordo co seu proxecto de xestión

20/11/21 | 12:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

65 profesores coñecen como deseñar, executar e avaliar os proxectos de vida activa e deportiva da man da Fundación Deporte Galego

Un dos puntos centrais da xornada será a plataforma Dafis (Datos de Actividade Física Saudable) que vén de ser galardoada no XI Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte

18/11/21 | 19:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a "paixón pola tradición e polo deporte" do Club Peña Trevinca que contribúe ás 6.500 licenzas que o montañismo ten en Galicia

Compromete o traballo da Xunta para que "esta chama siga acesa" e lembra a construción do rocódromo de Lugo cun investimento de máis de 387.000 euros

16/11/21 | 12:58 | Secretaría Xeral para o Deporte

Luis López destaca o apoio e implicación da Xunta na celebración de eventos deportivos na presentación do I RallyMix de Portas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado do alcalde, Ricardo Martínez, asistíu esta mañá ao acto promocional desta nova proba de motor, que se celebrará a fin de semana do 27 e 28 de novembro

15/11/21 | 15:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a capacidade deportiva e académica de Portela e Rodríguez Gacio e asegura que a súa “inmensa historia será aínda máis grande en París”

Destaca o Centro Galego de Tecnificación Deportiva como o lugar no que as escolas física e académica danse a man en Galicia e que sempre “foi e será” a casa de Teresa Portela e de Susana Rodríguez Gacio

12/11/21 | 18:24 | Secretaría Xeral para o Deporte

'O Camiño do fútbol' estenderá os valores do deporte galego grazas aos mellores poñentes do ámbito internacional

O congreso terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galica entre hoxe e mañá e está organizado pola RFGF e a RFEF coa principal colaboración da Xunta de Galicia

12/11/21 | 12:37 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e Clúster subliñan a importancia do deporte no proceso de mellora social, económica e competitiva de Galicia

O secretario xeral para o Deporte mira con esperanza cara a creación da Conta Satélite do Deporte, coa implicación do Instituto Galego de Estatística que, "sen dúbida, servirá para profundizar no noso sector, identificando con rigorosidade e poñendo en valor a súa indubidable valía como xerador de riqueza para o conxunto do país"

10/11/21 | 14:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

Teresa Portela e o complexo de Verducido guiarán ás mellores padexeiras nacionais ata París 2024

Lete Lasa subliña o “evidente peso galego” do programa ‘Muller Kayak’ e destaca que non é a primeira vez que a Real Federación Española escolle a Galicia como epicentro do piragüismo nacional lembrando que Verducido tamén é o lugar de preparación do Campionato do Mundo Júnior, sub 23 e absoluto na modalidade de canoa masculina e canoa feminina de augas tranquilas así como o desenvolvemento do programa de alto rendemento da modalidade

10/11/21 | 14:06 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ratifica o seu apoio ao Club Ciclista Rías Baixas, campión do ránking élite nacional, para que no ano 2022 se estendan os éxitos de 2021

Neste 2021 a axuda do Plan de Patrocinio Publicitario da Fundación Deporte Galego ao equipo ciclista sobe nun 35% ata acadar máis de 40.000 euros