Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 445 novas da Secretaría Xeral para o Deporte :

12/12/21 | 16:18 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Liga Galega de Traíñas asinará coa Xunta un novo convenio que sobe un 5% e representa a contía máis elevada do último decenio

A organización da LGT masculina e feminina alcanzará un importe máximo de 115.000 euros, sendo 110.000 euros o consignado en 2020

11/12/21 | 12:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

A pista de pádel de Begonte, sufragada pola Xunta en 2020, protéxese contra as inclemencias cunha cuberta de 50.000 euros

En total, a instalación deportiva foi obxecto de dous convenios de colaboración entre Xunta e concello por un total de preto de 75.000 euros

07/12/21 | 11:33 | Secretaría Xeral para o Deporte

Luis López recibe á nadadora infantil Daniela Suárez para trasladarlle os parabéns polos seus éxitos e a súa convocatoria coa selección

O delegado territorial destaca o potencial da deportista pontevedresa, do Clube Galaico Sincro, e salienta a súa calidade e esforzo “para destacar nunha modalidade tan dura como é a Natación Artística fóra dos circuítos habituais de Madrid ou Cataluña”

03/12/21 | 20:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa anuncia que o Centro Galego de Vela verá duplicado o seu investimento tras un ano inesquecible para a vela galega

A Secretaría Xeral para o Deporte recibe o premio ao ‘Mellor proxecto de promoción’ pola Regata da Muller, unha competición que “naceu, precisamente, en Vilagarcía tras a aposta da Xunta polas embarcacións Elliot de 6 metros para impulsar ás mulleres regatistas galegas”

30/11/21 | 17:19 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os equipos galegos de alta competición xa poden solicitar a súa adhesión ao Plan de patrocinio con maior orzamento da historia

Por primeira vez, o Plan de Patrocinio Galego adaptarase ao ciclo competitivo dos equipos ao longo da tempada 2021-2022 cun orzamento global de 3,5 millóns de euros grazas á colaboración da Axencia Turismo de Galicia-Xacobeo e ABANCA

29/11/21 | 14:51 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete anima aos máis novos a seguir os pasos das xogadoras do Burela que participarán na Champions feminina de Lugo auspiciada pola UEFA

A Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, patrocina con 25.000 euros o evento que terá lugar no Pazo Provincial dos Deportes do 2 ao 5 de decembro e que contará coa participación dos equipos gañadores das ligas de España, Rusia, Croacia, Portugal, Italia e Ucraína

27/11/21 | 12:55 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta participará na renovación da pista de atletismo da USC a través dun convenio de medio millón de euros

Grazas a esta actuación, a pista contará coas condicións de dimensión e pavimento mínimas para acoller probas internacionais

25/11/21 | 18:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca o deporte como "construtor de imaxe, prestixio e reuputación" no 2º Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos

Destaca o “papel chave” da organización e o protocolo na estratexia das organizacións deportivas para establecer unha “óptima relación, máis próxima e por suposto sostible, con todos e cada un dos distintos potenciais destinatarios dos eventos deportivos”

24/11/21 | 13:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta eleva ao máximo os deportistas recoñecidos: 540 de alto nivel, sete de alto rendemento, 30 de base, catro técnicos, dous árbitros e un vitalicio

Coa resolución de novembro, que incorpora 155 deportistas de 187 solicitudes, xa hai deportistas recoñecidos en todas as novas categorías incorporadas co novo decreto

22/11/21 | 18:44 | Secretaría Xeral para o Deporte

Os tres concellos da comarca de Chantada melloran as súas instalacións deportivas con actuacións por valor de máis de 160.000 euros

Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo e os alcaldes, visitou no día de hoxe a pista multideportiva de Carballedo; o campo de fútbol e a pista de pádel de Taboada; así como o pavillón municipal de Chantada