Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

04/04/22 | 14:49 | Secretaría Xeral de Emigración
29/03/22 | 14:24 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta segue a formar en habilidades para o emprego a cerca de 200 universitarios galegos retornados para fortalecer o seu futuro laboral en Galicia

O programa, desenvolvido pola Consellería de Emprego e Igualdade en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, ofrece formación complementaria de carácter laboral a beneficiarios da bolsa de Excelencia Mocidade Exterior Beme

29/03/22 | 13:09 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destina 1,7M€ as axudas extraordinarias para os galegos retornados que como novidade incluirá 500 euros para gastos derivados do acceso a unha vivenda

Estas axudas, de carácter social, destínanse a gastos da unidade familiar derivados do retorno, cun especial apoio de ata 1.500 euros por fillo, así como tamén se valora o feito de residir nun concello rural

26/03/22 | 19:56 | Secretaría Xeral de Emigración

O cine galego enche a sala Babylon de Berlín na estrea do Ciclo Mestre Mateo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou aos representantes da asociación galega De Berlín Son, na primeira proxección deste ciclo que permitiu dar a coñecer en Alemaña o documental “O Gran Camiño”, finalista dos premios Mestre Mateo deste ano

23/03/22 | 13:42 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard

Esta entidade de Ames colabora no apoio ao retorno a Galicia ofrecendo facilidades no acceso a locais comerciais nesta localidade a través de condicións beneficiosas no alugueiro e facilitando a tramitación burocrática na apertura do negocio

19/03/22 | 12:21 | Secretaría Xeral de Emigración
17/03/22 | 14:55 | Secretaría Xeral de Emigración

Volve baixar o número de emigrantes galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos que en 2021

A cifra dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020

17/03/22 | 11:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas

Nesta reunión, Miranda trasladoulles outra serie de programas complementarios en materia acompañamento aos retornados
 

16/03/22 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno

Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos residentes en Venezuela