Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 283 novas da Secretaría Xeral de Emigración :

20/05/21 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e Xacobeo reciben ás seis ciclistas do clube 'Una a una' de Oviedo que percorreron o Camiño de Santiago para visibilizar o cancro de mama

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora de Competitividade da Axencia de Turismo agardáronas na praza do Obradoiro

19/05/21 | 14:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración publica as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

A Secretaría Xeral aumenta a súa dotación este ano co obxectivo de atender aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia, pasando dos 200.000 euros de 2020 aos 500.000

15/05/21 | 10:00 | Secretaría Xeral de Emigración

A convocatoria de bolsas BEME da Secretaría Xeral da Emigración para que galegos do exterior poidan facer mestrados nas universidades galegas obtén o maior número de solicitudes da súa historia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que 687 universitarios galegos interesáronse por estas bolsas, aínda que finalmente foron 470 os que pecharon a súa tramitación, un 55% máis que o ano anterior

14/05/21 | 14:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración colaborará coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa “Merlo” de mentores para emprendedores galegos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e Luís García Deber, vicepresidente da entidade, firmaron hoxe un convenio co obxectivo da posta en marcha desta iniciativa que apoiará e acompañará aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos

12/05/21 | 13:30 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e Javier Arias reúnense cos bolseiros Beme da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no Campus de Lugo

Os alumnos, estudantes universitarios galegos retornados, están a levar a cabo algún dos mestrados que oferta a USC neste campus da cidade da muralla

11/05/21 | 13:29 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e López Diéguez reúnense cos bolseiros Beme da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no campus de Pontevedra

Os alumnos, estudantes universitarios galegos retornados, están a levar a cabo algún dos mestrados que oferta a UVIGO neste campus da cidade do Lérez

09/05/21 | 12:00 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración reclama ao Estado a necesidade de axilizar a homologación dos títulos universitarios e a tramitación da residencia para as familias dos galegos retornados

O secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, realizou nos últimos días encontros informais cos universitarios de excelencia, BEME, que estudian un mestrado nalgunha das universidades galegas para coñecer as súas inquedanzas e sensacións durante o presente curso

08/05/21 | 11:40 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración pone en marcha o programa de obradoiros presenciais e telemáticos para as entidades galegas do exterior

A convocatoria publicarase nos primeiros días de xuño e ten coma obxectivo que os centros galegos poidan ir recuperando a súa actividade habitual

05/05/21 | 13:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru) para o mantemento da súa oficina de información

O secretario xeral deste departamento autonómico firmou co presidente da entidade, con sede en Caldas de Reis, o convenio que permitirá manter o asesoramento aos galegos do exterior que optan por regresar a Galicia